Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 423/2021 no expediente de reposición da legalidade PON/344/2014.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado 423/2021, interposto pola persoa con DNI 76861652E, contra a inactividade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en canto á execución da Resolución ditada polo director da Axencia o 15 de novembro de 2018, en execución da Sentenza 213/2016 ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra no PO 294/2015, en que se declarou ilegalizable a actividade desenvolvida na nave sita na parcela 756 do polígono 35 con referencia catastral 36005A035060030001YA, no lugar de Campelo, San Clemente de Cesar, concello de Caldas de Reis, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse as persoas con DNI 35469869M e 35414241Z para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística