Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN661A 2010/4-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Alto da Croa II, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2010/4-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2010/4-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Alto da Croa II.

Concello: Vimianzo.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

161

Herdeiros de Herminda Suárez, Paz

1742/2021

721,83 €

162

Herdeiros de Herminda Suárez, Paz

1744/2021

23,47 €