Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9556

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega

da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Achega económica
da Axencia

Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a sociedade pública Galicia Calidade, S.A.U. para a promoción da madeira con marca Pino de Galicia e os produtos coa marca Galicia Calidade durante a vindeira campaña de Nadal.

10.12.2021

10.459,85 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Red Española de Asociaciones de Diseño (READ) para a divulgación da madeira como elemento para o deseño.

23.12.2021

14.000,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo para a promoción da madeira como elemento para a mitigación acústica.

29.12.2021

223.471,00 €