Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9519

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 28 de maio de 2021, na páxina 26495, é necesario incluír o convenio de colaboración relacionado a seguir que se engade aos xa publicados:

Convenio

Data de sinatura

Importe achegado
pola AXI (€)

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña polo que se establecen as bases para a execución das obras do novo hospital do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

1.2.2021

Sen custo