Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 8071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do 11 de novembro, polo que se autoriza a transmisión dunha licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de cobertura autonómica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 11 de novembro de 2021,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 11 de novembro de 2021 que a seguir se transcribe:

«Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de cobertura autonómica no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, programa 2 do múltiplex autonómico, titularidade de Radio Popular, S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas, en favor de Squirrel Media, S.A. nos termos regulados na proposta efectuada pola Secretaría Xeral de Medios.

A eficacia deste acordo queda condicionada ao aboamento da taxa por importe de cento sesenta e cinco mil cincocentos cincuenta e seis euros con setenta e nove céntimos (165.556,79 €), que ten que aboar a entidade adquirente Squirrel Media, S.A. no prazo dun mes desde a notificación deste acordo».

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios