Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 8073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2021-002.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, empránzase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta xefatura territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado

PO-RES-2021-002

Carlos Manuel Cerqueira Alves

Resolución

Polo xefe territorial