Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de decembro de 2021, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. de prórroga ordinaria e ampliación de prazo extraordinario correspondente á concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Bueu para construción de instalación de subministración de combustible a embarcacións (expediente 13-17-04-C1).

Carlos Sánchez Nieto, solicita en nome e representación de Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. a prórroga ordinaria e ampliación de prazo extraordinario correspondente á concesión administrativa para a construción de instalación de subministración de combustible a embarcacións no dominio público portuario de Bueu.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 17 de decembro de 2021

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur