Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o importe do canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos que deberá aplicar a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para o ano 2022, así como a bonificación aplicable para o dito ano.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do venres 28 de xaneiro de 2022, procédese a efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 5.810, no punto do resolvo, onde di:

«Establecer e facer público o mantemento durante o ano 2022 dunha bonificación do canon unitario, por importe do 10 % do canon unitario establecido para o ano 2021, resultando así un canon bonificado para o ano 2022 de 59,40 por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, máis o incremento correspondente ao imposto sobre o valor engadido. Este canon bonificado será de aplicación a aquelas entidades locais que cumpran no ano 2021 as condicións específicas establecidas nese punto Tres bis da disposición adicional vixésimo primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 e cumpran igualmente no ano 2020 as condicións establecidas nesta».

Debe dicir:

«Establecer e facer público o mantemento durante o ano 2022 dunha bonificación do canon unitario, por importe do 10 % do canon unitario establecido para o ano 2021, resultará así un canon bonificado para o ano 2022 de 59,40 por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, máis o incremento correspondente ao imposto sobre o valor engadido. Este canon bonificado será de aplicación a aquelas entidades locais que cumpran no ano 2021 as condicións específicas establecidas nese punto Tres bis da disposición adicional vixésimo primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, e que cumpran igualmente no ano 2022 as condicións establecidas nesta».