Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a revisión do esbozo do monte veciñal en man común San Roque, no concello de Taboada (expediente 3_85/2021_18).

Na sesión do Xurado Provincial o día 20.12.2021, figura o seguinte acordo:

Monte San Roque, parroquia de Sobrecedo, concello de Taboada. Expediente 3_85/2021_18.

O 22.9.2021 tivo entrada un recurso de reposición presentado pola Comunidade de Sobrecedo contra o Acordo do Xurado do 13 de setembro de 2021, de revisión de esbozo do seu monte veciñal. En síntese, manifestan que a peza máis ao norte do monte non tivo ningunha alteración, polo que solicitan que así se recolla na cartografía resultante, pois foi omitida.

Unha vez examinado o dito recurso, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptalo de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución do recurso e proceder a reincorporar no esbozo a peza de monte situada ao norte, de acordo coa memoria técnica elaborada polo Servizo de Montes.

O novo esbozo correspóndese co plano que figura no anexo, ao final deste anuncio.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xaneiro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file