Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7264

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2021.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no terceiro cuadrimestre de 2021, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega

Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Convenio de colaboración educativa para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do máster en enerxías renovables, cambio climático e desenvolvemento sustentable

1.10.2021

Sen achega

Instituto de Estudos do Territorio e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a colaboración na realización de traballos relacionados co desenvolvemento rural

5.10.2021

212.134,00 €

Escola Galega de Administración Pública e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Convenio de colaboración coa EGAP para a organización do curso A contratación pública nos grupos de desenvolvemento rural

22.10.2021

1.400,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader e a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural polo que se recoñece esta organización profesional como entidade colaboradora da Agader para o cumprimento dos obxectivos da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia

28.10.2021

60.000,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a organización profesional agraria Unións Agrarias-UPA

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader e a organización profesional agraria Unións Agrarias-UPA polo que se recoñece esta organización profesional como entidade colaboradora da Agader para o cumprimento dos obxectivos da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia

28.10.2021

60.000,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Bóveda

Terceira addenda ao Convenio proxecto senlleiro de rehabilitación do Muíño dos Fernández, en que se modifica o primeiro parágrafo da cláusula quinta ampliando o prazo máximo para presentar a documentación xustificativa da actividade ata o 15 de novembro de 2021

29.10.2021

Sen achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Pontedeva

Proxecto senlleiro para a realización de obras de canalización de augas de regadío en Trado, orientado a garantir a subministración, mellorar a recollida e distribución de auga a todas as parcelas, así como reducir os labores de limpeza e mantemento na zona

13.12.2021

33.277,76 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello de Monterrei

Proxecto senlleiro para a realización de obras de conservación e mantemento da fonte e lavadoiro na contorna do Castelo de Monterrei, orientado á conservación do seu patrimonio e á súa promoción a través da súa recuperación para o lecer e a cultura e a mellora da calidade de vida da poboación local

13.12.2021

43.197,00 €