Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7487

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dunha encarga de xestión, para o exercicio 2022, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: realización de diversas actuacións de mantemento do Bosque de Galicia e Parque do Lago da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: un ano, entre xaneiro e decembro de 2022.

Importe: 105.136,35 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado co data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia