Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, de diversos bens inmobles de titularidade autonómica situados nos concellos do Saviñao, Barreiros e Vilalba.

Ás 11.30 do 17 de marzo de 2022 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, situado na rolda da Muralla, 71, perante a mesa presidida polo secretario xeral técnico e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a poxa pública dos bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia que se describen a continuación, dos cales foi acordado o seu alleamento mediante as ordes da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de marzo, 20 de setembro e 28 de outubro de 2021.

Lote 1: parcela de 750 m2, denominada Lanca ou Campo da Virxe, na parroquia de San Salvador de Vilasante, lugar de Escairón, concello do Saviñao. Lindes:

– Norte: camiño que conduce ao lavadoiro.

– Sur: propiedade dos herdeiros de José García e José Losada.

– Leste: resto tamén do predio matriz.

– Oeste: restante porción de predio que se segregou da propiedade do concello.

Referencia catastral: 1609801PH1110N0001YY. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos como predio 7.244-N, tomo 699, libro 125, folio 77.

Sobre esta parcela existe unha edificación de forma rectangular (20,20 x 11,80 m) de planta baixa e piso alto, sen inscribir.

Tipo de licitación, primeira poxa: 103.476,46 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 87.954,99 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 72.433,52 €.

Lote 2: parcela de 200 m2, que se chama Campo, sita na localidade de Currelos, parroquia de Vilaesteva, concello do Saviñao. Lindes:

– Norte: herdeiros de Francisco Fernández.

– Sur: estrada de Rubián a Palas de Rei.

– Leste: predio matriz.

– Oeste: José Rodríguez.

Referencia catastral: 0962501PH1206S0001JW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos como predio 7.245-N, tomo 699, libro 125, folio 78.

Sobre esta parcela hai unha edificación de forma rectangular (de 146,28 m2) de planta baixa e con soportal na súa fronte, sen inscribir.

Tipo de licitación, primeira poxa: 8.067,88 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 6.857,70 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 5.647,52 €.

Lote 3: parcela de 150 m2 que contén unha edificación duns 113 m2, situada no concello de Barreiros, parroquia de San Xulián de Cabarcos, no lugar de Seoane, xunto á estrada LU-133, punto quilométrico 3+700. Lindes:

– Norte, con predio 514 de María González Veiga.

– Sur: coa estrada autonómica LU-133.

– Oeste: con predio 514 de María González Veiga.

– Leste: con predio 514 de María González Veiga.

Referencia catastral: 27005A047005890000UE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ribadeo-A Fonsagrada como predio rexistral núm. 24.036, no tomo 1024, libro 285, folio 30.

Tipo de licitación, primeira poxa: 4.913,24 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 4.176,25 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 3.439,27 €.

Lote 4: parcela de 32.935 m2, situada no concello de Vilalba, que se corresponde co número 299 do polígono 3 do Catastro e consta co nome de Pegos. Lindes:

– Norte: con parcelas número 297, de Lidia Pedreira Pico, e números 296 e 300 de Olegario Verdes Pico.

– Sur: con camiño.

– Leste: con parcelas números 296 e 300 de Olegario Verdes Pico.

– Oeste: con camiño.

Referencias catastrais: 27065B003002990000IA e 001900700PH19D0001YQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba como predio 21.143, folio 201, libro 194, tomo 431.

Esta parcela contén unha edificación, sen inscribir, cunha superficie total de 110 m2 divididos en dous andares, que se atopa en moi mal estado de conservación.

Tipo de licitación, primeira poxa: 102.510,14 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 87.133,62 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 71.757,10 €.

Lote 5: conxunto de dúas parcelas no concello de Vilalba descritas como:

• Parcela nº 314 do polígono 3 do Catastro, que figura co nome de Vilar de Pedralba, de 17.015 m2 de superficie. Lindes:

– Norte: con camiño.

– Sur: con parcelas nº 315 de Manuel Pico Maseda e nº 316 de Isabel Castosa Pico.

– Leste: con parcela nº 310 de María Josefa González Pico.

– Oeste: con camiño e parcela nº 315 de Manuel Pico Maseda.

Referencia catastral: 27065B003003140000IK. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba como inscrición 1ª, predio 21.158, folio 216, libro 194, tomo 431.

• Parcela nº 1264 do polígono 8 do Catastro, que figura co nome de Vilar de Pumariños-Paxareira, de 7.615 m2 de superficie. Lindes:

– Norte, sur e leste: con camiño.

– Oeste: con parcelas nº 1265 de María Consuelo Ferreiro Debasa e nº 1267 de Amparo Ferreiro Debasa. Referencia catastral: 7065B008012640000IK. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba como predio 22.111, folio 61, libro 199, tomo 436.

Tipo de licitación, primeira poxa: 17.108,00 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 14.541,80 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 11.975,60 €.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Na participación presencial a garantía deberá presentarse en metálico ou cheque bancario a favor da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (NIF S1511001H) o día da poxa, no momento en que indique a mesa.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, na rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

http://www.conselleriadefacenda.es/aconselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion

Para asistir á poxa, por motivos relacionados coa COVID, recoméndase pedir cita previa.

Teléfonos de información: 981 54 41 51, 981 95 78 11 e 981 54 44 27.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio