Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2019/172-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT Braña Grande-San Román, no concello da Laracha (expediente IN407A 2019/172-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/172-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: reforma LMT Braña Grande-San Román.

Concello: A Laracha.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

13

Descoñecida

8.3.2022

11.20

16

Descoñecida

8.3.2022

11.20

17

Descoñecida

8.3.2022

11.20

18

Descoñecida

8.3.2022

11.20

20

Descoñecida

8.3.2022

11.20

23

José Luis Negreira Gómez

8.3.2022

11.20

29

Descoñecida

8.3.2022

11.20

34

Descoñecida

8.3.2022

11.20

37

Descoñecida

8.3.2022

11.20