Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 7071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020, do contrato da obra de saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, entre os lugares de Mirón, A Chamusqueira, Capela de San Roque, O Campo da Pedra, A Fraga e O Anide, en Arteixo (A Coruña) (clave do expediente OH.515.1156).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Domicilio: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45231300-8 (Traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais).

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES111 Arteixo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento e abastecemento na parroquia de Larín, entre os lugares de Mirón, A Chamusqueira, Capela de San Roque, O Campo da Pedra, A Fraga e O Anide. Arteixo (A Coruña). Clave do expediente: OH.515.1156.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 275.118,54 euros. Importe total: 332.893,43 euros.

8. Valor estimado do contrato: 275.118,54 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 3 meses.

10. Criterios de adxudicación

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 12 de agosto de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 10.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 10.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 25 de agosto de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Proyecon Galicia, S.A.

14.2. NIF: A32032039.

14.3. Enderezo: parque empresarial Pereiro de Aguiar. Parcela, 30. 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense).

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Teléfono: 988 51 94 14.

14.6. Fax: 988 51 94 18.

14.7. Correo electrónico: licitaciones@proyecon.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 248.885,00 euros. Importe total: 301.150,85 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Por tratarse dunha obra cofinanciada con cargo a fondos europeos e en cumprimento e de conformidade coa normativa de publicidade da Unión Europea, o contratista queda obrigado á fabricación e colocación, durante a execución da obra, dos paneis, carteis ou placa informativa da actuación contratada, así como á instalación, de ser o caso, da correspondente placa permanente informativa do dito cofinanciamento europeo ao final da actuación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Domicilio: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 19 de decembro de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 12 de agosto de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 25 de agosto de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 30 de agosto de 2021.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia