Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 7069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderán solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 45 16, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto

Zona de concentración

32212254H

Trámite de audiencia

Os Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II

33050620B

Trámite de audiencia

Os Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II