Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 1 de febreiro de 2022 Páx. 6792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2022, da XefaturaTerritorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2021/1838-1 e oito máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de citación ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou ás súas persoas representantes debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarse o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2021/1838-1

32805366Y

Citación para o recoñecemento

10.12.2021

2021/2211-1

53169065B

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2021/5637-1

58038052J

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2020/4667-1

32133526L

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2021/2012-1

47358829N

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2021/2378-1

32332419P

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2021/4289-1

34894682W

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2021/4832-1

34250509J

Citación para o recoñecemento

16.12.2021

2021/5693-1

12062946K

Citación para o recoñecemento

10.12.2021