De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas promoción pública en segundas adxudicacións no concello de Culleredo, iniciado pola Resolución do 21 de outubro de 2021.
O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 4 de xaneiro de 2022
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
89230 |
47353233M |
Trámite de audiencia |