A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión ordinaria do día 7 de xaneiro de 2022, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2022, segundo a seguinte desagregación:
Persoal funcionario.
Dotación |
Vacante |
Denominación |
Grupo/subgrupo |
Escala/subescala/clase |
Nivel |
Quenda |
1 |
1 |
Traballador/a social |
A2 |
Administración especial/técnica/media |
20 |
Libre |
1 |
1 |
Axente |
C1 |
Administración especial/servizos especiais/policía local |
18 |
Libre |
O que se fai público para xeral coñecemento e advírtense os interesados de que contra o dito acordo poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Tamén poderán interpor alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que poderá entenderse rexeitado por silencio administrativo.
O Rosal, 7 de xaneiro de 2022
Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa