Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2022 Páx. 5805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se dá trámite de audiencia na solicitude de revisión de oficio ANAM-DXEM-22/2020.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, solicítaselle a Araceli Romero Ramilo que formule as alegacións e/ou presente os documentos e xustificantes que xulgue procedentes en relación coa solicitude de revisión de oficio presentada pola Asociación Ambiental Petón do Lobo.

A interesada poderá recoller a documentación mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada lei de procedemento, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación