Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2022 Páx. 5608

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2018, de conformidade co disposto nos artigos 50.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 102.8 do Regulamento da dita lei, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordou aprobar definitivamente o Plan básico autonómico de Galicia, integrado polos seguintes documentos:

a) Memoria xustificativa dos seus fins, obxectivos e determinacións.

b) Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.

c) Planos de delimitación das afeccións sectoriais.

d) Plano de identificación dos asentamentos de poboación.

e) Ordenanzas tipo de edificación e uso do solo.

f) Catálogo.

2. O Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, foi publicado no DOG núm. 162, do 27.8.2018, así como nos catro boletíns oficiais provinciais, o 28.9.2018. (BOP da Coruña, núm. 186, do 28.9.2018; BOP de Lugo, núm. 224, do 28.9.2018; BOP de Ourense, núm. 224, do 28.9.2018, e BOP de Pontevedra, núm. 188, do 28.9.2018).

3. A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, mediante Resolución do 25 de maio de 2020, aprobou a actualización do Plan básico autonómico de Galicia, co contido sinalado no punto III e anexo da devandita resolución, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 162, do 27 de agosto de 2020 (correccións de erros publicadas no DOG núm. 232, do 17 de novembro de 2020, e no DOG núm. 242, do 1 de decembro de 2020).

II. Procedemento de actualización.

1. De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Plan básico autonómico debe actualizarse en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, por canto constitúe unha peza viva, radiográfica do acontecer normativo que afecta o territorio da Comunidade Autónoma, ao cal necesariamente deberán acudir os diversos axentes que actúan sobre o territorio nunha permanente revisión do estado da cuestión, que deberá dotar de transparencia e axilidade as accións planificadoras futuras.

2. O artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, sinala que os cambios derivados da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, así como as modificacións que se produzan nas afeccións sobre o territorio consonte a respectiva lexislación sectorial, en canto constitúe a súa normativa reguladora consonte co disposto no artigo 4.3, resultarán directamente vinculantes desde a súa entrada en vigor, prevalecendo sobre a información que, sobre a materia, se reflicta nos planos que integran a cartografía do Plan básico autonómico.

O sinalado no punto anterior enténdese sen prexuízo da necesidade de que a dita cartografía deba ser obxecto de oportuna actualización mediante resolución administrativa e a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, con indicación dos cambios operados e cunha periodicidade mínima anual, en atención á natureza de documento dinámico de que participa o Plan básico autonómico.

3. Dado o carácter de instrumento dinámico, algúns organismos, así como particulares, logo da aprobación definitiva do PBA foron comunicando á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo algúns erros detectados, así como as correspondentes modificacións que hai que realizar. Así mesmo, solicitouse expresamente información territorial actualizada a diferentes organismos con competencias sectoriais, tanto autonómicos como estatais.

III. Contido da actualización.

As modificacións derivadas da segunda actualización do Plan básico autonómico recóllense no anexo da presente resolución.

O contido íntegro do Plan básico autonómico e a súa actualización están dispoñible nos seguintes enderezos electrónicos:

Descargas: http://mapas.xunta.gal/visores/descargas-pba/

Visor: http://mapas.xunta.gal/visores/pba/

IV. Resolución.

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, e no artigo 13 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en relación co Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, a competencia para a actualización do Plan básico autonómico correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e, en consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a actualización do Plan básico autonómico de Galicia, co contido sinalado no punto III e anexo da presente resolución.

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e os artigos 212.1 e 213 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a actualización Plan básico autonómico de Galicia no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Modificacións derivadas da segunda actualización do Plan básico autonómico en relación coas seguintes afeccións sectoriais

Como resultado da recompilación de información dos distintos organismos sectoriais modifícase e actualizase o Plan básico autonómico nas seguintes afeccións:

1. Instrumentos de ordenación do territorio.

Actualízase a información cos instrumentos de ordenación do territorio aprobados definitivamente desde a aprobación da actualización do PBA 2020, que inclúe a aprobación de 14 proxectos sectoriais.

Tres parques eólicos:

• OT-17-042. Repotenciación do parque eólico de Corme (aprobación definitiva do 7.11.2019; DOG núm. 38, do 26.2.2020).

• OT-18-057. Parque eólico Alto da Croa II (aprobación definitiva do 3.12.2020; DOG núm. 255, do 21.12.2020).

• OT-18-058. Parque eólico Monte Tourado (aprobación definitiva do 3.12.2020; DOG núm. 255, do 21.12.2020).

Sete parques empresariais:

• OT-15-024. Ampliación e mellora das instalacións de Exlabesa (aprobación definitiva do 27.3.2020; DOG núm. 84, do 4.5.2020).

• OT-20-021. Ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo (aprobación definitiva do 17.4.2020; DOG núm. 99, do 25.5.2020).

• OT-20-054. Modificación puntual número 1 do Proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo (aprobación definitiva do 25.6.2020; DOG núm. 168, do 20.8.2020).

• OT-20-061. Modificación puntual número 1 do Proxecto sectorial do parque empresarial do Pousadoiro (aprobación definitiva do 18.2.2021; DOG núm. 78, do 27.4.2021).

• OT-20-153. Modificación puntual número 3 do Proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (aprobación definitiva do 18.3.2021; DOG núm. 79, do 28.4.2021).

• OT-06-012 (bis). Modificación puntual número 1 do Proxecto sectorial do parque empresarial da Sionlla (aprobación definitiva do 18.3.2021; DOG núm. 83, do 4.5.2021).

• OT-21-088. Modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial da Laracha (aprobación definitiva do 29.7.2021; DOG núm. 157, do 17.8.2021).

Unha instalación hidroeléctrica:

• OT-08-022. Aproveitamento hidroeléctrico do Salto da Cabana no río Tronceda (aprobación definitiva do 21.1.2021; DOG núm. 49, do 12.3.2021).

Tres dotacións educativas:

• OT-08-065. PS-6, área de usos complementarios, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA (aprobación definitiva do 5.11.2020; DOG núm. 236, do 23.11.2020).

• OT-18-022. PS-1, área de vías, espazos libres e infraestruturas, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA (aprobación definitiva do 11.2.2021; DOG núm. 36, do 23.2.2021).

• OT-19-009. PS-2, área científico-tecnolóxica 1, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA (aprobación definitiva do 20.5.2021; DOG núm. 114, do 17.6.2021).

Así mesmo, corrixíronse erros detectados na información contida no PBA respecto dos instrumentos de ordenación do territorio:

Engadiuse o seguinte documento:

• OT-05-021. Parque eólico Hépotas (aprobación definitiva do 10.3.2011; DOG núm. 92, do 15.5.2019): incorporouse na lista do anexo III e na documentación gráfica do PBA (no visor SIX e planimetría, en que figuraba provisionalmente representado mediante unha entidade xeográfica de punto co seu nome e código asociado).

Corrixíronse os erros e discrepancias detectados na representación gráfica dos seguintes documentos:

• OT-02-025. Modificación número 1 do Plan sectorial eólico de Galicia (aprobación definitiva do 5.12.2002; DOG núm. 2, do 3.1.2003): corrixiuse a delimitación da ADE Castelo, segundo a información facilitada o 26.10.2021 pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

• OT-11-199. Plan sectorial de áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia (aprobación definitiva do 30.4.2014; DOG núm. 101, do 28.5.2014) / OT-17-033. Modificación puntual número 1 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia (aprobación definitiva do 29.11.2018; DOG núm. 242, do 20.12.2018): fusionouse nunha única capa vectorial a información relativa aos dous documentos para corrixir os desprazamentos e as discrepancias nas delimitacións das áreas empresariais modificadas por OT-17-033 (áreas ID: 36029011, 27040013, 15024041, 15024042, 32054031, 15017031, 36057051, 36004011, 36008011).

2. Ambiente: outros espazos protexidos (fóra da Rede galega de espazos protexidos).

Actualizouse a información segundo a descargada o 6.8.2021 do visor https://mapas.xunta.es/visores/conservaciondanatureza/

Engadíronse oito espazos naturais de interese local (ENIL), cinco na provincia da Coruña, un na provincia de Ourense e dous na provincia de Pontevedra:

Provincia

Concello

Nome do ENIL

A Coruña

Abegondo

Ribeiras do Mero-Barcés

A Coruña

Illas de San Pedro

A Coruña

Torre de Hércules

Carral

Río Abelleira

Sada

Brañas de Sada

Ourense

San Cibrao das Viñas

Voutureira

Pontevedra

Nigrán

Ecosistema dunar Praia América-Panxón

Vigo

Complexo duna e areal do Vao-Baluarte

Engadiuse unha reserva da biosfera localizada entre as provincias de Lugo e Ourense:

Nome da reserva da biosfera

Provincia

Concellos

Ribeira Sacra e serras deo Oribio e Courel

Lugo

Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, Paradela, O Saviñao, Pantón, Sarria, O Incio, Bóveda, Monforte de Lemos, Sober, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil

Ourense

A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas

Así mesmo, engadíronse á lista de espazos naturais do anexo IV as reservas da biosfera erradamente omitidas no anexo orixinal do PBA e na súa primeira actualización.

3. Biodiversidade e outras afeccións ao ambiente.

Actualizouse a información segundo a facilitada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural o 12.4.2021 e a descargada o 6.8.2021 do visor https://mapas.xunta.es/visores/conservaciondanatureza/

Suprimíronse 10 exemplares de árbores senlleiras, dúas na provincia da Coruña, tres na provincia de Lugo, dúas na provincia de Ourense e tres na provincia de Pontevedra:

Provincia

Concello

Código

Nome do exemplar

Estado

A Coruña

Pontedeume

103A

Teixo da Casa de Tenreiro

Suprimida

Pontedeume

8A

Araucaria excelsa da Casa de Tenreiro

Suprimida

Lugo

O Saviñao

122A

Nogueira de Licín

Suprimida

Cervantes

74A

Carballo albar da Praza do Campo de Quindous

Suprimida

Cervantes

75A

Rebolo da Praza do Campo de Quindous

Suprimida

Ourense

A Mezquita

21A

Castiñeiro de Mola

Suprimida

A Pobra de Trives

24A

Castiñeiro de Regadiña

Suprimida

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

109A

Araucaria excelsa do Pazo de Rubiáns

Suprimida

Soutomaior

31A

Camecíparis de Lawson do Castelo de Soutomaior

Suprimida

A Estrada

93A

Sobreira de Valboa

Suprimida

Suprimíronse dúas formacións senlleiras e engadíronse dúas novas:

Provincia

Concello

Código

Nome do exemplar

Estado

A Coruña

Santiago de Compostela

25F

Buxeda do Pazo de San Lourenzo

Suprimida

Ourense

San Cristovo de Cea

31F

Tileiras prateadas do Mosteiro de Oseira

Suprimida

Pontevedra

Ribadumia

39F

Carreira de buxos do Pazo Quinteiro da Cruz

Engadida

O Rosal

40F

Sobreiras da Magdalena

Engadida

Actualízase a información relativa ao Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.); e sobre os plans de recuperación da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.), do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) e do oso pardo (Ursus arctos), diferenciando en todos eles a información das áreas de presenza e das áreas prioritarias.

Engadiuse a información sobre as zonas de protección e as áreas prioritarias da avifauna.

Eliminouse a información relativa aos lugares de interese xeolóxico, por non formaren parte das determinacións do PBA.

4. Costas.

Actualízase a información de costas segundo a recibida o 10.8.2021, inclúense as ordes ministeriais desde decembro de 2018 ata xaneiro de 2021, e tamén se reducen os tramos en tramitación.

En detalle:

Provincia

Concello

Orde Ministerial

Referencia

A Coruña

Cambre

18.12.2021

DES01/99/15/0123-DES07/01

Marín

19.6.2019

DES01/09/36/0001

Dumbría

19.6.2019

DL-120-LC (modificación)

Mugardos

30.9.2019

DES01/96/15/0025-DES04/02

Ferrol

22.3.2020

DL-145-LC

Porto do Son

19.1.2021

DES01/96/15/0023-DES09/01

5. Augas.

Actualizouse a información relativa aos límites das demarcacións hidrográficas, á rede hidrográfica e ás súas zonas inundables coa información facilitada polas confederacións hidrográficas, que afectan a Comunidade Autónoma de Galicia, e a publicada no lugar de descarga dixital dos organismos (Augas de Galicia (achega do 29.9.2021); Miño-Sil (https://www.chminosil.es/es/ide-mino-sil), Douro (http://www.mirame.chduero.es/DMADuero_09_Viewer/viewerShow.do?action=showViewer) e Cantábrico Occidental (achega do 3.3.2021).

6. Estradas.

Actualizouse a información da rede de estradas na Comunidade Autónoma, de acordo coa base cartográfica oficial e coa información facilitada polos distintos organismos: AXI (5.5.2021), deputacións provinciais da Coruña (15.3.2021), Lugo (4.5.2021), Ourense (6.7.2021) e Pontevedra (8.4.2021).

Tamén se vinculou o visor SIX a cartografía cos trazados das estradas publicada no servizo de visualización de mapas de Galicia (http://mapas.xunta.gal/visores/basico/) para facilitar a identificación das vías (código e titularidade).

7. Ferrocarrís.

Actualizouse a información do sector ferroviario coa información dixital facilitada pola Administración competente, Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), o 16.3.2021.

8. Enerxía eléctrica.

Completouse a información da rede eléctrica de alta tensión na Comunidade Autónoma de acordo coa información facilitada o 2.8.2021 pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, de xeito que se engadiu un novo elemento correspondente ao trazado da LAT Serra das Penas-Chantada (OT09071).

9. Enerxía eólica.

Actualizouse a información dos aeroxeradores e a súa correspondente afección consonte a información do Rexistro Eólico de Galicia achegada a través do Instituto do Estudos do Territorio o 23.11.2021.

Pásase de 4.051 aeroxeradores en explotación na primeira actualización de 2020 a 4.115 actuais, o que supón un incremento de 64 aeroxeradores.

10. Portos.

Portos de Galicia:

Actualízanse a capa de información das zonas de servizo de Portos de Galicia de acordo coa información facilitada o 26.4.2021 polo dito organismo. En detalle:

Inclúese unha nova zona de servizo:

Nome do porto

Concello

Provincia

Ortigueira

Ortigueira

A Coruña

E foron modificadas as delimitacións das zonas de servizo dos seguintes oito portos:

Nome do porto

Concello

Provincia

O Barqueiro

Mañón

A Coruña

Bares

Mañón

A Coruña

Cariño

Cariño

A Coruña

O Conchido

Outes

A Coruña

O Campo

A Illa de Arousa

Pontevedra

Tragove

Cambados

Pontevedra

A Toxa

O Grove

Pontevedra

Santa Cristina de Cobres

Vilaboa

Pontevedra

Portos do Estado:

Actualízanse as capas de información de Portos do Estado de acordo coa información facilitada o 14.10.2021 e o 14.11.2021 polo dito organismo.

Recóllense os cambios nas delimitacións das zonas de servizo dos portos das distintas áreas portuarias da Comunidade (A Coruña, Vilagarcía, Ferrol-San Cibrao, Marín-Ría de Pontevedra e Vigo) e increméntanse en 463 o número de sinalizacións marítimas, que pasan de 241 sinalizacións na actualización do ano 2020 ás 704 actuais.

11. Aeroportos.

Actualízase a información de aeroportos con base na documentación remitida polo órgano sectorial competente o 19.4.2021, en concreto:

• Corrixiuse a información da servidume aeronáutica do radar das Pontes.

12. Telecomunicacións.

Segundo o órgano competente, a afección vinculada a unha antena de telecomunicacións pode entenderse como a distancia ata onde alcanza a súa onda de transmisión (asimilable ao alcance visual desde a súa posición). Con base neste criterio, introdúcense as seguintes correccións respecto da información das antenas construídas:

• Elimínase o grafado dun raio de 100 m de afección arredor da posición das antenas construídas que estaba definida na anterior actualización do PBA (visor SIX e cartografía) e móvese a capa coa información da localización das antenas construídas á epígrafe Outras afeccións do visor SIX (no canto de localizarse na epígrafe Afeccións que clasifican solo rústico de especial protección).

• Para estes efectos, terase en conta que, no caso das infraestruturas de telecomunicacións, o PBA non sinala unha afección territorial e cada unha das antenas sinaladas require informe da Administración competente.

13. Defensa.

Actualizouse a información das instalacións de defensa e as súas zonas de seguridade, segundo a información facilitada polo órgano sectorial competente o 21.9.2021.

14. Concesións mineiras.

Actualizouse a información das concesións mineiras segundo a información facilitada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia o 26.8.2021.

Pásase de 1.001 dereitos mineiros vixentes outorgados na primeira actualización de 2020 a 1.003 dereitos actuais.

15. Concentracións parcelarias.

Actualizouse a información das concentracións parcelarias segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural o 23.7.2021 e o 28.10.2021.

En canto ás concentracións parcelarias firmes, pásase de 803 concentracións na primeira actualización do PBA a 817 na segunda actualización, o que supón un aumento de 14 concentracións en cómputo total, oito na provincia da Coruña, dúas na provincia de Lugo, unha na provincia de Ourense e dúas na provincia de Pontevedra:

Zona

Concello

Provincia

Decreto

San Vicente de Boqueixón e San Lourenzo de Granxa

Boqueixón

A Coruña

14.5.1992

Santa Cruz de Montaos

Ordes

A Coruña

13.6.1991

Beán e Pereira

Ordes

A Coruña

13.6.1991

Cores-Nemeño

Ponteceso

A Coruña

12.8.1982

Niñodaguia-Serantes. Sector II

Santiso

A Coruña

17.6.1999

Liñares-Novela-Pezobrés

Santiso

A Coruña

19.2.1993

Santiago de Cereixo e San Cristovo de Carnés

Vimianzo

A Coruña

27.9.1990

Santa María de Baio

Zas

A Coruña

24.9.1993

A Braña

Baleira

Lugo

25.6.1999

Sasdónigas

Mondoñedo

Lugo

19.8.1967

San Vitoiro-Urrós

Allariz

Ourense

2.6.2000

A Graña

Xunqueira de Ambía

Ourense

20.9.2001

Oroso

Cañiza, A

Pontevedra

29.1.1992

A Graña-Campo

Covelo

Pontevedra

23.8.1993

En canto ás concentracións parcelarias non firmes, pásase de 103 concentracións na primeira actualización a 95 na segunda. Inclúense nove novas concentracións respecto das identificadas na primeira actualización do ano 2020, unha na provincia da Coruña, catro na provincia de Lugo e catro na provincia de Pontevedra:

Zona

Concello

Provincia

Decreto

San Xulián de Poulo

Ordes

A Coruña

29.4.2021

Viladonga

Castro de Rei

Lugo

29.4.2021

San Xoán de Seoane da Pregación

Friol

Lugo

29.4.2021

San Fiz de Paz

Outeiro de Rei

Lugo

25.3.2021

Arcos-Sobrada de Aguiar-San Lourenzo de Aguiar

Outeiro de Rei

Lugo

25.3.2021

Cercio

Lalín

Pontevedra

24.7.1986

Santa Baia de Losón

Lalín

Pontevedra

16.3.2000

San Martiño-Armenteira. Sector II

Meis

Pontevedra

27.5.1999

Oleiros

Silleda

Pontevedra

16.8.1969

16. Montes veciñais en man común.

Actualizouse a capa relativa aos montes veciñais en man común (MVMC) segundo a información que consta na Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de xeito que se incorpora a delimitación do Monte de San Mamede (ID:2387), tras un erro detectado nos MVMC do concello de Vilar de Barrio e tras contrastar a información na web do organismo sectorial, así como as delimitacións actualizadas dos MVMC dos concellos do Páramo, Trabada, Triacastela, Cartelle, Padrenda e Porqueira, achegadas polo organismo sectorial á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo no marco dos informes sectoriais emitidos aos documentos dos plans básicos municipais en tramitación nos ditos concellos.

Deste xeito, pásase de 3.062 MVMC na primeira actualización a 3.081 actuais, o que supón 14 montes de diferenza.

En todo caso, terase en conta que, en relación coa clasificación do solo rústico de especial protección forestal, a disposición transitoria segunda da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sinala que «mentres non se aproben os catálogos previstos no artigo 25 desta lei, será considerado solo rústico de protección forestal, en todo caso, o correspondente aos montes ou terreos forestais inscritos no Sistema rexistral forestal de Galicia, creado ao abeiro do artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia», xa que no momento desta segunda actualización non se dispón desta información para a súa incorporación ao PBA.

17. Lumes.

Actualizouse a información dos lumes segundo a facilitada pola Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural o 17.8.2021 e o 2.10.2021, relativa aos incendios dos anos 2019 e 2020.

Pásase de 28.462 ámbitos territoriais afectados por lumes na primeira actualización a 31.642 ámbitos nesta segunda.

18. Emerxencias e interior.

Actualízase a información relativa aos establecementos afectados polo Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accedentes graves en que interveñan substancias perigosas, segundo as indicacións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior o 28.9.2021.

A capa dos Seveso de nivel superior inclúe 16 ámbitos (fronte aos 14 da actualización do ano 2020), resultado de:

Cambios

Nome da empresa

Concello

Provincia

Incorporar

Explosivos Galicia, S.A.

A Laracha

A Coruña

Incorporar

M. Pouso, S.L.

Arteixo

A Coruña

A capa dos Sevesos de nivel inferior inclúe 28 puntos (fronte aos 29 da actualización 2020), resultado de:

Cambios

Nome da empresa

Concello

Provincia

Incorporar

Central Térmica das Pontes Endesa

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

Eliminar

Nedgia Cuíña

Lugo

Lugo

Eliminar

Nedgia Foz

Foz

Lugo

Cambiar denominación

Orviganic (antes, Euroserum Ibérica, S.L.)

Monforte de Lemos

Lugo

19. Patrimonio cultural.

O Catálogo do PBA ampliouse en bastante coa información achegada polo órgano competente o 19.11.2021.

De xeito resumido pode apuntarse o seguinte:

• Ampliouse en bastante o número de bens de interese cultural e catalogados cos seus respectivos contornos de protección.

• Corrixíronse múltiples erros de localización e duplicidades detectados desde a aprobación da última actualización do PBA.

• En canto ás capas dos trazados dos camiños de Santiago: identificáronse como BIC o Camiño Norte ruta da costa e o Camiño Norte ruta do interior; e diferenciáronse os trazados atendendo ao seu carácter principal, complementario ou de vestixios arqueolóxicos.

Porén, de acordo coas indicacións do organismo sectorial, restan por incorporar os bens incluídos nos catálogos dos plans xerais de ordenación municipal dos seguintes concellos: A Fonsagrada, Fisterra, Ribadavia, Ares, Guitiriz, Castro de Rei, Baños de Molgas, Rubiá, Portas, Ponteareas, Folgoso do Courel, así como determinados bens recollidos en modificacións de planeamento xeral ou planeamento de desenvolvemento, cuestión que se abordará na seguinte actualización do PBA.

En todo caso, os bens que se recollen neses documentos de planeamento teñen, para todos os efectos, a consideración de bens catalogados desde a data de aprobación definitiva do documento.

Por outra banda, engadíronse os seguintes catro novos plans especiais de protección en materia do patrimonio cultural vixentes:

Instrumento

Concello

Provincia

Data de aprobación

Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico do concello de Ribadeo

Ribadeo

Lugo

31.5.2021

Plan especial do conxunto histórico artístico do concello de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Lugo

16.11.2021

Plan especial de protección dotación e infraestruturas do BIC conxunto igrexa-mosteiro de Santa María de Melón

Melón

Ourense

21.11.2016

Plan especial de protección do conxunto histórico artístico do concello de Tui

Tui

Pontevedra

29.12.2020

20. Límites administrativos.

Actualízase a información sobre os límites municipais, e os da Comunidade Autónoma, coa información xeográfica de referencia dispoñible no centro de descargas do Instituto Xeográfico Nacional (IXN), descarga de xuño de 2021.

As principais alteracións en relación coa información xeográfica contida na actualización do PBA 2020 son as seguintes:

• Alteración do límite da Comunidade Autónoma de Galicia en: A Mezquita, A Gudiña.

• Alteracións nos límites entre concellos:

– Entre A Gudiña e A Mezquita.

– Entre Barbadás e Ourense.

21. Entidades de poboación.

Actualizouse a información relativa ás entidades de poboación derivadas do Nomenclátor de Galicia 2003 na súa última versión, segundo a información xeográfica facilitada a través do Instituto de Estudos do Territorio o 10.9.2021. Pásase de 37.280 entidades na primeira actualización a 39.360 na segunda actualización 2021, o que supón unha diferenza de 2.080 entidades.

Así mesmo, actualizouse a información engadindo sete entidades de poboación derivadas dos planeamentos xerais aprobados que entraron en vigor:

• Concello de Castro de Rei: A Veiga, Os Currás, Pontellas-A Igrexa, Toimil, Canaval e Rego da Fonte.

• Baños de Molgas: Penouzos.