Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2022 Páx. 5819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-76352 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que se puidesen practicar por causas non imputables á Administración, emprázanse as persoas citadas no anexo ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para proceder á notificación das referidas resolucións ditadas no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do órgano de valoración de Vigo, sito na rúa Numancia, nº 3, de Vigo, en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advírteselles que, de non facelo así, teráselles por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpor o recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 5 de xaneiro de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-76352

35845648X

Revisión da aprobación do programa

17.8.2021

BS210A/VI-65139

35204086X

Revisión da aprobación do programa

13.9.2021

BS210A/VI-84784

76834081M

Resolución de recoñecemento

9.7.2021