Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2022 Páx. 5831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora da PO-315, treito, de puntos quilométricos 10+100 ao 10+380 e na entorna do punto quilométrico 13+500, de clave PO/15/025.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Por Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 18.1.2022 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de mellora da PO-315. Treito: pp.qq. 10+100 ao 10+380 e na entorna do p.q. 13+500, de clave PO/15/025.06.

As obras consistirán na realización de diversas actuacións encamiñadas á mellora da PO-315 no treito comprendido entre o p.q. 10+100 e o 10+380: mellora dos percorridos peonís (novas beirarrúas accesibles e continuas), reordenación das interseccións existentes, dos pasos de peóns e das paradas de autobús e renovación da rede de pluviais e da iluminación pública no treito afectado.

Proxéctanse tamén as actuacións necesarias para completar a continuidade das beirarrúas existentes na entorna do p.q. 13+500.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública aos efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, aos efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Cangas (avda. Castelao, 2, 36940 Cangas, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora da PO-315. Treito: pp.qq. 10+100 ao 10+380 e na entorna do p.q. 13+500, de clave: PO/15/025.06

Concello de Cangas. Pontevedra

Referencia catastral

Titular

DNI

Situación básica do solo

Tipo terreo

Tipo cultivo en solo rústico

Clasificación

urbanística

Área afectada (m2)

Ben afectado

Unid.

Med.

1

36008A02800164

Roca de Togores Rodríguez de Mesa, María Fuencisla (herdeiros de)

Gil González Careaga, Ramón Javier (herdeiros de)

***6402**

***9378**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo urbano

108,21

Peche de bloque e malla metálica

m

27,00

2

36008A04800463

Piñeiro González, Manuel

***2729**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

18,40

3

36008A04800462

González Francisco

---

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

0,89

4

36008A05000044

Piñeiro Iglesias, Luisa

***3143**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

0,60

5

36008A05000535

Piñeiro Iglesias, Luisa

***3143**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

11,05

6

36008A05000534

Piñeiro Iglesias, Luisa

***3143**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

14,27

Peche de bloque e malla metálica

m

5,00

7

36008A05000043

Álvarez Rodríguez, M. Carmen

***0755**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

27,49

8

36008A05000042

Piñeiro Iglesias, Luisa

***3143**

Rural

Rústico

C-Labor ou labradío secano

Solo urbano de núcleo rural

43,65

Peche de bloque e malla metálica

m

15,00