Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 12 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada proxecto de execución de instalacións para a nova acometida de gas natural en aceiro DN 6” en MOP 16 bar á industria Estrella Galicia, no concello de Arteixo, promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2021/12-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia Galicia, S.A., con CIF núm. A-15383284, e con enderezo para efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o proxecto inclúe execución dunha nova acometida de gas natural en aceiro DN 6” en MOP 16 bar á industria Estrella Galicia, no concello de Arteixo (A Coruña):

• Acometida de gas natural en aceiro DN 6” en MOP 16 bar e dunha lonxitude de 25 metros, cuxa conexión inicial será a rede existente RAA - I015.1 en aceiro DN 10” MOP 16 bar e cuxo remate será a industria Estrella Galicia.

• Instalacións auxiliares:

– Unha válvula de acometida de DN 6”.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 12 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña