Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2022 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Romay Cousido, varada na explanada do porto do Grove.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Ahmed Mohamed Salem Chej, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 21 de decembro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación Romay Cousido, con folio 4ª-VILL-4-99-91, varada na explanada de depósitos do porto do Grove, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por estar a embarcación varada na explanada do porto do Grove sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde, polo menos, febreiro de 2021. Foi precisa a súa varada dado o alto grao risco de afundimento, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidencia de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselle ao interesado antes identificado un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírteselle que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se vaian realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

De cara ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia