Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5026

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2022 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 28 de outubro de 2021 (DOG do 10 de novembro), da Universidade da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020, resolve facer pública a adxudicación dos referidos postos do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

33

Xefatura de sección de protocolo

Secretaría Xeral

Rodeiro Segade, José

3325269135 A7495

O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. No caso de que o adxudicatario obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña