Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, procedemento abreviado 282/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso 282/2021 (procedemento abreviado) de Antonio Sánchez Romeu, contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 12 de abril de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se publica a relación definitiva de puntuacións do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal de enfermaría especialista na especialidade de enfermaría pediátrica, convocado pola Resolución do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 113, do 11 de xuño).

En concreto, o recorrente impugna a puntuación outorgada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos