Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2022 Páx. 4613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de redacción do proxecto construtivo da nova estación depuradora de augas residuais de Cee e Corcubión, Cee (A Coruña) (expediente OH.715.1185).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos 71311100-2 (servizos de asistencia en enxañería civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 Cee (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de redacción do proxecto construtivo da nova estación depuradora de augas residuais de Cee e Corcubión. Cee (A Coruña). Clave do expediente: OH.715.1185.

Debido ás deficiencias detectadas no sistema de saneamento e da estación depuradora de augas residuais de Cee-Corcubión, no marco do servizo de redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de saneamento nos concellos de Cee e Corcubión (A Coruña), de clave OH.315.1152, é necesario deseñar, a nivel construtivo, unhas novas instalacións de depuración que permitan xestionar, en tempo seco, unha poboación deseño de 15.048 habitantes cunha estacionalidade superior ao 50 % entre os dous concellos, as súas puntas horarias de caudais e, con choivas, as augas residuais procedentes do tanque de treboada situado en Cee, que elevarán ata un caudal de 170 l/s.

Como é probable que non se poida aproveitar ou modificar a condución de vertedura das instalacións existentes de depuración por razóns ambientais, será necesario definir as características construtivas dunha nova infraestrutura de vertedura, cun estudo de alternativas previo que xustifique a súa elección.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 287.350,51 euros. Importe total: 347.694,12 euros.

8. Valor estimado do contrato: 287.350,51 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), descrición da metodoloxía proposta (ponderación 45 %), organización da execución dos traballos (ponderación 4 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 15 de xullo de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 7.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 23 de agosto de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: UTE-Novotec Consultores, S.A. & Serye Ingenieros, S.L.

14.2. NIF: U16784993.

14.3. Enderezo: estrada N-VI km 582, 15168 Sada (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: info@novotec.es

14.6. Fax: 981 01 45 50.

14.7. Teléfono: 654 31 52 08.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Serye Ingenieros, S.L.).

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 217.179,52 euros. Importe total: 262.787,22 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 «Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)); operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Cee-Corcubión».

Deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE S1-1074-2021, do 4 de xaneiro de 2021.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2020.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de xaneiro de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 4 de xaneiro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 15 de xullo de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 23 de agosto de 2021.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de agosto de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 30 de agosto de 2021.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia