Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2022 Páx. 4578

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación

nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Consorcio Aeronáutico Gallego para a creación, posta en marcha e xestión do Observatorio da Industria Aeroespacial en Galicia

8.9.2021

589.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e o potencial da biotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial do tecido empresarial galego no período 2021-2023

15.10.2021

456.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para regular as condicións da axuda destinada ao despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que permita impulsar a I+D+i en Galicia, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

18.10.2021

11.590.904 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a implantación da primeira Aula Newton permanente en Galicia

18.10.2021

47.500 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e CZ Veterinaria, S.A. (marca comercial Zendal) para a regulación das condicións do outorgamento da subvención relativa ao novo Centro de Investigación de Alta Tecnoloxía, financiado ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

20.10.2021

5.000.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Triple Alpha Innovation, S.L. para a execución do proxecto Riskmantic. Escoita os teus datos, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de cento trinta e nove mil cento vinte euros con dez céntimos (139.120,10 €)

25.11.2021

139.120,10 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Ancora Mobile, S.L. para a execución do proxecto Ancora-Exoesqueleto dixital con asistente virtual para a conexión do traballador coa factoría Inteligente-Ancora, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €)

25.11.2021

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e AR VR Meifus Engineering para a execución do proxecto VAX3D_Virtual + Augmented + Mixed Reality_All-In-One, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €)

26.11.2021

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Augas de Rodas, S.L. para a execución do proxecto Identificación e explotación da auga de mar profunda-AMP, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos sete mil douscentos dezaseis euros e oitenta céntimos (207.216,80 €)

26.11.2021

207.216,80 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Blue Quality, S.L. para a execución do proxecto Plan de negocio para tecnoloxías de xeración de vídeos automatizados, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos nove mil trescentos trinta e nove euros e vinte céntimos (209.339,20 €)

26.11.2021

209.339,20 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Chemosapiens, S.L. para a execución do proxecto Desenvolvemento tecnolóxico e comercial de Chemosapiens: marketplace para a compravenda de reactivos químicos parala investigación-DTCC, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de cento trinta e cinco mil novecentos sesenta e cinco euros con vinte céntimos (135.965,20 €)

25.11.2021

135.965,20 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Dooingit Seguridad, S.L. para a execución do proxecto Plataforma de ciberseguridade integral para pemes-Ciberseguro, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de dous centos corenta e oito mil trescentos oitenta e tres euros con dez céntimos (248.383,10 €)

25.11.2021

248.383,10 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Global Traktus, S.L. para a execución do proxecto Gama de equipamento portable dixitalizado para adestramento de forza excéntrica baseado en núcleo inercial, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €)

26.11.2021

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Hifas Foresta, S.L. para a execución do proxecto Hifas Foresta Neotec 2020-HF Neotec, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €)

26.11.2021

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Hifas Veterinary, S.L. para a execución do proxecto Hifas Vet plan de empresa 2021-2022-HVET Neotec, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos corenta e un mil cincocentos dezaoito euros con noventa céntimos (241.518,90 €)

26.11.2021

241.518,90 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e IQ Sports Scouting, S.L. para a execución do proxecto Desenvolvemento de aplicación orientada á captación de talento no fútbol mediante unha metodoloxía de recollida e tratamento de datos para a súa posterior análise mediante ferramentas de big data e intelixencia artificial-IQS, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos corenta e oito mil catrocentos dezaoito euros con oitenta céntimos (248.418,80 €)

25.11.2021

248.418,80 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Osigris Sistemas de Información, S.L. para a execución do proxecto Plan de empresa de Osigris Sistemas de Información, S.L.-Osigris, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos corenta mil seiscentos setenta e cinco euros con corenta céntimos (240.675,40 €)

26.11.2021

240.675,40 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e Statera Labs, S.L. para a execución do proxecto Deseño e fabricación de nanovehículos intelixentes de ingredientes bioactivos para a industria alimentaria 4.0-Healthinfoods, de desenvolvemento empresarial presentado ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial e avaliado de forma favorable pero non financiado no marco do Programa Neotec do subprograma estatal de I+D+I empresarial por importe de douscentos trinta e cinco mil catrocentos oitenta euros (235.480 €)

25.11.2021

235.480 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) para a adquisición de equipamento e desenvolvemento de obra civil para a posta en marcha da infraestrutura de investigación «Galaxy-Lab»

3.12.2021

579.850 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020

10.12.2021

34.583,33