Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4081

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2021

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Valga para reducir o risco de inundación na área con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Valga que permitan redactar os proxectos construtivos das actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado nas ARPSI dos ríos Ulla e Sar, acometer as obras e, posteriormente, conservalas e mantelas

1.250.000,00 €

6.9.2021

Acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade, a través do Laboratorio de Saúde Pública, para o control da calidade das augas subterráneas dentro do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise en laboratorio de parámetros de calidade das augas nos puntos de control de augas subterráneas establecidos no acordo

449.568,24 €

8.9.2021

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade, a empresa pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago e Viaqua, para a realización conxunta do proxecto de I+D+i «Seguimento da incidencia da COVID-19 en Santiago de Compostela a través da súa detección nas augas residuais urbanas»

Establecer a colaboración científico-técnica entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a mercantil Viaqua, na realización conxunta do proxecto de I+D+i «Seguimento da incidencia da COVID-19 en Santiago de Compostela a través da súa detección nas augas residuais urbanas»

110.620,00 €

8.9.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para reducir o risco de inundación na área con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Padrón que permitan redactar varios proxectos construtivos para realizar actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado nas ARPSI dos ríos Ulla e Sar, acometer as obras e, posteriormente, conservalas e mantelas

3.000.000,00 €

14.9.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a explotación da estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión, explotación, conservación e mantemento da estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal, de titularidade do Concello da Pobra do Caramiñal

Sen custo económico

20.9.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Laracha para a execución da actuación de melloras na rede de abastecemento da Laracha. Fase I. A Laracha (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Laracha que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora na rede de abastecemento da Laracha. Fase 1. A Laracha (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

1.850.000,00 €

21.9.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Portomarín para a execución das obras do proxecto denominado «Mellora do abastecemento ao núcleo de León. Portomarín (Lugo)»

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Portomarín que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para a mellora do abastecemento no núcleo de León, así como a súa explotación, conservación e mantemento

368.128,25 €

30.9.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vedra para o saneamento das parroquias de San Mamede e Santa Cruz. Fase III. Concello de Vedra (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vedra que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento das parroquias de San Mamede e Santa Cruz. Fase III. Concello de Vedra (A Coruña), a súa posta en servizo, explotación, conservación e mantemento

1.325.000,00 €

1.10.2021

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Betanzos para a execución da actuación de mellora do sistema de abastecemento de Betanzos, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o importe do convenio en 111.602,50 € e o prazo de vixencia e, consecuentemente, reaxustar a distribución das anualidades do convenio

1.462.030,23 €

4.10.2021

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución da actuación de mellora do sistema de abastecemento de Noia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o importe do convenio en 175.000,00 € e o prazo de vixencia e, consecuentemente, reaxustar a distribución das anualidades do convenio

1.075.000,00 €

4.10.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Culleredo para a posta á disposición dos terreos necesarios para a execución da continuación do itinerario peonil e ciclista que parte da rúa Río Mero e que se conectará co paseo da Ría do Burgo

Establecer as condicións da colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Culleredo respecto da posta á disposición por parte de Augas de Galicia dos terreos necesarios para que o Concello execute a continuación do itinerario peonil e ciclista que parte da rúa Río Mero e que se conectará co paseo da ría do Burgo

Sen custo económico

4.10.2021

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª, alínea g), do parágrafo segundo do prego de bases a que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis

392.535,78 €

7.10.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a ampliación do saneamento no concello de Padrón, Herbón, Pazos, A Aduana, O Paraíso e O Pombal. Padrón (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Padrón que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na ampliación do saneamento no concello de Padrón, Herbón, Pazos, A Aduana, O Paraíso e O Pombal. Padrón (A Coruña), a súa posta en servizo, explotación, conservación e mantemento

1.150.000,00 €

19.10.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Oia para a execución da actuación de mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso. Fase 2. Oia (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Oia que permitan acometer as obras consistentes na mellora do comportamento hidráulico do río Viladesuso. Fase 2 e, posteriormente, a súa conservación e mantemento

375.000,00 €

20.10.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Augas de Galicia para a instalación de equipamento TIC no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) e prestación de servizo na modalidade de IaaS

Establecer as condicións da instalación dos sistemas informáticos e tratamento de datos (equipamento TIC) propiedade de Augas de Galicia, no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia (CPDI).

160.000,00 €

22.10.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boborás para a execución das obras do proxecto de renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía de Brués. Boborás (Ourense)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boborás que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para a renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía de Brués. Boborás (Ourense), a súa explotación, conservación e mantemento

308.000,00 €

3.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arteixo para a execución da obra do proxecto denominado «Condución xeral de abastecemento ao Concello de Arteixo e reforzo da subministración de auga en Morás. Treito II. Conexión Vío Alto-Morás (Arteixo)».

Reducir o importe do convenio de colaboración en 531.754,18 €; reaxustar a distribución das anualidades tendo en conta os prazos de execución das actuacións; modificar a tramitación económica no relativo á materialización das achegas do Concello e ampliar o prazo de vixencia do convenio

3.568.245,82 €.

5.11.2021

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Foz para a execución da actuacións de saneamento e depuración en Foz. Concello de Foz (Lugo), cofinanciada pola Unión europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o importe do convenio en 4.652.142,56 € e o prazo de vixencia e, consecuentemente, reaxustar a distribución das anualidades do convenio

12.652.142,56 €

10.11.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Leiro e Boborás para a renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Leiro e Boborás co fin de acometer as obras consistentes na renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro. Concellos de Leiro e Boborás (Ourense)», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

360.000,00 €

10.11.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Vilanova de Arousa e o Concello de Cambados para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Tragove

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión, explotación, conservación e mantemento da estación depuradora de Tragove, de titularidade dos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa

Sen custo económico

23.11.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Vilanova de Arousa e o Concello de Cambados para a execución das actuacións de mellora do sistema de saneamento no Concello de Cambados e mellora do sistema de saneamento no Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Vilanova de Arousa e o Concello de Cambados que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as seguintes obras consistentes na mellora do sistema de saneamento no Concello de Cambados. Pontevedra (OH.336.1186) e mellora do sistema de saneamento no Concello de Vilanova de Arousa. Pontevedra (OH.336.1128.PC), a súa posta en servizo, a súa explotación, conservación e mantemento

6.250.000,00 €

23.11.2021

Acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, en materia do cálculo intensivo do sistema Merlín, de alerta temperá para a predición de riscos de inundacións nos ríos da bacía hidrográfica Galicia-Costa

Regular a colaboración entre as partes asinantes en materia de cálculo intensivo e comunicacións para o aloxamento e execución do sistema Merlín, de alerta temperá para a predición do risco de inundacións dos ríos da bacía hidrográfica Galicia –Costa, así como o almacenamento dos datos xerados por este

56.296,04 €

25.11.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento «Colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Treito A Malata-Ponte da estrada da Malata. Ferrol (A Coruña)», cofinanciada nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Tramo A Malata-Ponte da estrada da Malata. Ferrol (A Coruña). OH.315.1205, a súa posta en servizo, a súa explotación, conservación e mantemento

900.000,00 €

26.11.2021

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos para a organización e difusión da Xornada sobre a xestión do ciclo integral da auga

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos para organizar unha xornada destinada a persoal técnico interesado neste ámbito sectorial, enfocada na análise e debate sobre os distintos modelos existentes de xestión do ciclo integral da auga e, en concreto, sobre o modelo proposto por Augas de Galicia no anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga

9.010,00 €

26.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Guitiriz para a mellora das instalacións da ETAP de Guitiriz

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e modificar a cláusula relativa ao libramento de fondos e réxime de xustificación

414.011,87 €

3.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a ampliación do saneamento no Concello de Padrón, Herbón, Pazos, A Aduana, O Paraíso e O Pombal. Padrón (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Ampliar a vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución das actuacións obxecto do convenio

1.150.000,00 €

16.12.2021

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello do Pino para a mellora do saneamento e da depuración no Concello do Pino. Fase I. Concello do Pino (A Coruña)

Modificar o financiamento do convenio, o que comporta cambios no título, nas obrigas asumidas polo Concello e nas estipulacións relativas á publicidade. Así mesmo, modifícase a distribución de anualidades para axustalas ao ritmo previsto de execución das obras

2.100.000,00 €

21.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación de Enxeñería Civil de Galicia para continuar a mellora do sistema de alerta temperá de risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e reaxustar a distribución de anualidades para adecualas ao ritmo de execución das actuacións

130.000,00 €

21.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Coirós para o saneamento das parroquias da Agra-Figueiras, Collantres e lugar de Queirís. Coirós (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Modificar a cláusula quinta relativa ao réxime de financiamento e obrigas de carácter económico, no relativo á materialización das achegas do Concello de Coirós e á anualidade na que se levará a cabo a actuación obxecto do convenio

850.000,00 €

21.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade, a empresa pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago e Viaqua, para a realización conxunta do proxecto de I+D+i «Seguimento da incidencia da COVID-19 en Santiago de Compostela a través da súa detección nas augas residuais urbanas»

Prorrogar a vixencia do convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade, a empresa pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e Viaqua, para a realización conxunta do proxecto de I+D+I «Seguimento da incidencia da COVID-19 en Santiago de Compostela a través da súa detección nas augas residuais urbanas» por un prazo de catro meses, ata o 30 de abril de 2022

125.478,80 €

22.12.2021

Convenio entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución da actuación de mellora do saneamento no Concello de Rois. EDAR de Urdilde. Rois (A Coruña), financiado ao 100 % a parte elixible pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, tramitado como anticipado de gasto

Convenio de colaboración para establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Rois que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do saneamento no Concello de Rois. EDAR de Urdilde. Rois (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación, conservación e mantemento. E deixar sen efectos o convenio de colaboración para a execución das actuacións de saneamento e depuración nas parroquias de Urdilde e Sorribas. Concello de Rois (A Coruña) subscrito o 13.9.2018

915.000,00 €

22.12.2021

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de titulacións de grao e máster universitario oficial da Facultade de Xeografía e Historia

Establecer un programa para a realización de prácticas académicas externas do alumnado nas instalacións da entidade pública empresarial Augas de Galicia, así como para achegar as súas persoas expertas para aquela parte da docencia teórico-práctica especializada que sexa precisa

Sen custo económico

23.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro para a redacción do proxecto que sirva de base para executar actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado á área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) do río Fontecova, situado en Viveiro.

Reducir o importe do convenio de colaboración en 19.390,00 €, modificar a cláusula relativa ao réxime de financiamento e obrigas de carácter económico, ampliar o prazo de vixencia do convenio e modificar o anexo I para deixar constancia da distribución de anualidades de execución do proxecto de gasto tramitado por Augas de Galicia

49.610,00 €

23.12.2021

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de augas, tramitado como expediente anticipado de gasto

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

1.665.510,00 €

27.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os concellos de Leiro e Boborás para a renovación da tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Ampliar a vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución das actuacións obxecto do convenio

360.000,00 €

27.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Campo Lameiro para o saneamento no núcleo de Reboredo. Concello de Campo Lameiro (Pontevedra), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Modificar a cláusula quinta relativa ao réxime de financiamento e obrigas de carácter económico, no relativo á materialización das achegas do Concello de Campo Lameiro e a anualidade en que se levará a cabo a actuación obxecto do convenio

400.000,00 €

28.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vedra para o saneamento das parroquias de San Mamede e Santa Cruz. Fase III. Concello de Vedra (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución das actuacións

1.325.000,00 €

28.12.2021

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro. Curtis (A Coruña)

Modificar o financiamento do convenio, o que leva consigo cambios no título, nas obrigas asumidas polo Concello e nas estipulacións relativas á publicidade. Así mesmo, modifícase a distribución de anualidades para axustalas ao ritmo previsto de execución das obras

2.700.000,00 €

29.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Sada para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no núcleo urbano de Sada, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Modificar a distribución de anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das actuacións obxecto do convenio

1.575.000,00 €

29.12.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo para a execución da actuación de rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo. Concello de Arbo (Pontevedra), tramitado como expediente anticipado de gasto

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arbo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo. Concello de Arbo (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación, conservación e mantemento

2.325.000,00 €

29.12.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Castrelo de Miño para o financiamento de actuacións de redución de arsénico en auga de consumo, tramitado como expediente anticipado de gasto

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Castrelo de Miño que permitan ao Concello asumir as obrigas económicas que derivan da execución de actuacións para evitar problemas de arsénico na auga de consumo do dito concello

400.000,00 €

30.12.2021

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.3.2022 ou ata a formalización do novo convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Ferrol e o Concello de Narón para a xestión e explotación do sistema de saneamento e depuración de Ferrol e Narón, no caso de que se formalice antes do 31.3.2022

Sen custo económico

30.12.2021