Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación, no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/13-3 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA ALB803-apoio nº D-38-8, no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/13-3 AT), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situada na rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense (solicitarase cita previa no teléfono de contacto 988 38 67 10), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinale.

Unha vez transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 3 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/13-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA ALB803 apoio nº D38-8.

Concello: O Carballiño.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Incidencia

1

Monte Queimado

32020A037014220000RP

Descoñecido/a