De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se poidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director do Instituto Galego do Consumo e de la Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 7 de xaneiro de 2022
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36S001-63-2021.
Interesada: Jarupalulche, S.L.
CIF/NIF: B-06723803.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.