Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas no procedemento BS210A (expediente LU-0000027323 e catro máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos da notificación realizados sen que fose posible practicalas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base-rúa Serra de Ancares nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 28 de decembro de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000027323

33751174P

Resolución de caducidade

7.10.2021

LU-0000049254

34230049T

Resolución de desistencia

13.9.2021

LU-0000047107

34320091C

Resolución de caducidade

2.8.2021

LU-0000044477

79340534X

Resolución de caducidade

2.8.2021

LU-0000043878

34230997M

Resolución de caducidade

2.8.2021