Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4149

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de dous postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de Atención Primaria).

Logo de convocada mediante a Resolución do 3 de decembro de 2021 (DOG nº 240, do 16 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de Atención Primaria), anunciado mediante a Resolución do 3 de decembro de 2021 (DOG nº 240, do 16 de decembro).

Segundo. Nomear, nos postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 13 de xaneiro de 2022

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria do Porriño.

Nome e apelidos: María Mercedes Sánchez Rodríguez.

DNI: ***5608**.

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Teis.

Nome e apelidos: Alejandra Estévez Rodríguez.

DNI: ***9418**.