Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS626F e BS618D competencia desta xefatura (expediente 15002004321R e nove máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avda. Salvador de Madariaga, 9-1ª planta), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contados desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 28 de decembro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15002004321

53175591M

Requirimento de emenda da solicitude

5.10.2021

15017003020

Y5085936Y

Requirimento de emenda da solicitude

30.9.2021

15030030821

X1408621D

Requirimento de emenda da solicitude

13.10.2021

15030031121

77615015C

Requirimento de emenda da solicitude

24.9.2021

15030033617

48113651C

Requirimento de emenda da solicitude

18.10.2021

15030035121

49683548Y

Requirimento de emenda da solicitude

18.10.2021

15055000221

32664452J

Requirimento de emenda da solicitude

29.9.2021

15077001021

44817071F

Requirimento de emenda da solicitude

11.10.2021

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15019001921

47383646N

Requirimento de emenda da solicitude

7.10.2021

15023000621

32828465J

Requirimento de emenda da solicitude

13.10.2021