Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3323

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de setembro a decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) nos meses de setembro, outubro, novembro

e decembro do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación de Mujeres en el Sector Público, para o desenvolvemento de accións da promoción de novos modelos para a igualdade entre mulleres e homes e de sensibilización e prevención da violencia de xénero na Administración autonómica, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

20.9.2021

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Nós Mesmas, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

28.9.2021

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (Alas Coruña), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

28.9.2021

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

28.9.2021

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Pvlse Vigo LGTBIQ+, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

28.9.2021

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña-Casco, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

28.9.2021

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación de Mujeres para la Igualdad y la visibilidad Lésbica LES Coruña, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais)

28.9.2021

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, para colaborar na sensibilización social fronte á violencia de xénero e na formación de profesionais, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

15.10.2021

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello de Lugo, para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello

15.10.2021

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Clube Praia de Pantín, para a difusión no Galicia Classic Surf Pro das campañas institucionais contra a violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado

22.10.2021

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti, para o desenvolvemento dun programa de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural na provincia de Lugo

2.11.2021

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro –Cogave–, para a posta en marcha dun programa de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero «xuntos contra a violencia de xénero», no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

24.11.2021

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

13.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Ecos do Sur, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

13.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Fundación de Solidaridad Amaranta, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

13.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Asociación Faraxa pola abolición da prostitución, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

13.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Médicos do Mundo, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

13.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e HH Oblatas de Ferrol, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

13.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Accem, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

14.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Aliad Ultreia, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

14.12.2021

8.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Ourense, para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización de violencia sexual e trata, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

14.12.2021

5.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), para o mantemento do servizo Dedaleira, especializado en información e asesoramento afectivo-sexual para as mulleres con discapacidade e a súa contorna

14.12.2021

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), para o desenvolvemento da campaña de sensibilización e prevención da violencia sexual nas mulleres con discapacidade «Qué farías ti?»

14.12.2021

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam), para o desenvolvemento de accións de atención e asesoramento socio-asistencial para mulleres vítimas de violencia de xénero

14.12.2021

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), para o desenvolvemento de accións de sensibilización e formación fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

14.12.2021

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Xecretaría Xeral da Igualdade) e a entidade Federación Galega de Loita (Fegaloita), para o desenvolvemento dun proxecto de accións enmarcadas no proxecto de empoderamento e autocapacidades con mulleres vítimas da violencia de xénero

14.12.2021

12.800 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Federación de pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra (Femupo), para o desenvolvemento de actuacións de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero incluídas no proxecto «Mulleres en construción II»

14.12.2021

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, Femuro, para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

14.12.2021

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Fundación Juan Soñador, para o desenvolvemento do proxecto Malaikas para o empoderamento de mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social

14.12.2021

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás súas vítimas

14.12.2021

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, para o desenvolvemento de accións de prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero

14.12.2021

20.000 €