Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3259

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade dos convenios pendentes de publicar subscritos no primeiro e segundo cuadrimestre do 2021 pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que se incorporan como anexo II e III, respectivamente, a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade

ANEXO I

Título do convenio

Achega da Consellería de Cultura, Educación e

Universidade

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Juan de la Cierva (convocatoria Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 2019)

263.625,00 €

2.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga)

Sen achega económica

2.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Vigo (UVigo) para a adopción de medidas de dixitalización e innovación do Sistema universitario de Galicia

3.160.000,00 €

2.9.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as empresas Navantia, S.A., S.M.E. e Cad Tech Ingenieros, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas

Sen achega económica

6.9.2021

Quinta addenda ao Convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de Sanidade

Sen achega económica

7.9.2021

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e Brainport Development, N.V. para a realización de estadías formativas e prácticas para estudantes e persoas tituladas de formación profesional superior en empresas da rexión Brainport Eindhoven nos Países Baixos

Sen achega económica

8.9.2021

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña (ABAC)

Sen achega económica

8.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e as Diocese da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica

150.000,00 €

10.9.2021

Addenda de prórroga ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a utilización das instalacións do Espazo Xove en Carballo

Sen achega económica

13.9.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Inditex, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas

Sen achega económica

13.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado

Sen achega económica

14.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Ordes para o acondicionamento da Casa da Cultura de Ordes

250.000,00 €

21.9.2021

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Cegos Españois para o establecemento de medidas encamiñadas á atención das persoas con discapacidade visual

244.837,49 €

21.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados

658.864,00 €

23.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR HC San Rafael de Vigo radicado na provincia de Pontevedra

22.440,00 €

23.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i (2021)

3.186.768,00 €

24.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR San Xerome Emiliani radicado na provincia de Pontevedra

58.651,20 €

24.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para actualización das instalacións do Museo Manuel Torres de Marín

45.000,00 €

24.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA)

Sen achega económica

24.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (España) e a Fundação Universidade Estadual de Ceará (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

3.000,00 €

28.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a adopción de medidas de dixitalización e innovación do Sistema universitario de Galicia

4.040.000,00 €

28.9.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Ames para a xestión do servizo de comedor escolar en sete centros educativos do concello

275.900,00 €

30.9.2021

Convenio entre a Biblioteca Nacional de España O.A., a Sociedade Mercantil Estatal de Acción Cultural, S.A. e a Xunta de Galicia en relación coa exposición Ano Xacobeo

235.000,00 €

1.10.2021

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Financiera Maderera, S.A. en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

1.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Esgos para a creación dunha biblioteca municipal

100.000,00 €

4.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Nuestra señora de Chamorro radicado na provincia da Coruña

14.049,60 €

5.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Granada para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

12.000,00 €

6.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a restauración das reixas e púlpitos da Capela Maior da Catedral de San Martiño de Ourense

172.773,49 €

6.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Diocese Tui-Vigo para a segunda fase de actuación no conxunto catedralicio de Tui: mellora de accesibilidade, rehabilitación das cubertas do claustro e de edificación para usos museístico

176.909,86 €

6.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Menela para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao CEEPR Menela radicado na provincia de Pontevedra

72.987,60 €

7.10.2021

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Deputación Provincial Pontevedra para a realización do Premio Otero Pedrayo 2021

8.000,00 €

7.10.2021

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa CRC Obras y Servicios, S.L. en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

7.10.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Xela García Nogueira en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

7.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

Sen achega económica

13.10.2021

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as empresas Talleres Metálicos Acebrón, S.L., Intaf Promecan, S.L.U., Demaq Galicia, S.L., Tumbadoiro, S.L. e Soluciones Metalúrgicas Integrales 1980, S.L. en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

13.10.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Centro de Jardinería Gavín, C.B. en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

15.10.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Foncafer, S.L. en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

15.10.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Alro Maquinaria, S.L. en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

20.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Editorial La Capital, S.L. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes

9.950,08 €

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Lérez Ediciones, S.L. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes a través do xornal Diario de Pontevedra

6.921,80 €

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Faro de Vigo, S.A. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes

45.424,29 €

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Rías Baixas Comunicación, S.A. e La Región, S.A. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes

18.169,72 €

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e El Progreso de Lugo, S.L. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes

29.417,64 €

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Corporación Voz de Galicia, S.L. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes

134.975,04 €

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela

Sen achega económica

25.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Opinión de A Coruña, S.L. para o desenvolvemento e difusión de accións de comunicación nos centros docentes

5.623,96 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e El Progreso de Lugo, S.L. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

22.628,95 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Faro de Vigo, S.A.U. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

34.941,76 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Opinión de A Coruña, S.L. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

4.326,12 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Editorial La Capital, S.L. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

7.653,91 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Rías Baixas de Comunicación, S.A. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

665,56 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Lérez Ediciones, S.L. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

5.324,46 €

26.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade da Coruña (UCD) para impulsar accións no Campus Industrial de Ferrol (CIF) como campus de especialización acreditado do Sistema universitario de Galicia (SUG)

1.809.100,00 €

28.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Voz de Galicia, S.A. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

103.826,96 €

28.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (Acopros)

Sen achega económica

28.10.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Dulce Nombre Jesús Pérez Ramos en materia de formación profesional dual

Sen achega económica

29.10.2021

Addenda de corrección de erros do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas do alumnado do mestrado universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas aplicacións nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

Sen achega económica

3.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o apoio á adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas nas universidades do SUG

6.947.979,00 €

4.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura Educación e Universidade e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización de prácticas do máster universitario en Formación do Profesorado de Ensinano Secundaria Obligatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

Sen achega económica

4.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 2019)

742.500,00 €

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Área Empresarial do Tambre para o establecemento dun marco de actuación conxunto en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Empresarios de Riveira para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao das Viñas (Ourense) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Empresarios Sete Pontes para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Empresarios Seara para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a posta a disposición dos terreos necesarios para a execución das obras de posta en valor dos restos arqueolóxicos do cubo VI da muralla romana de Lugo

Sen achega económica

10.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

Sen achega económica

10.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Bueu para a creación dunha sala de interpretación do Bueu Romano

225.000,00 €

11.11.2021

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela para a utilización da biblioteca universitaria da USC por parte do alumnado do bacharelato internacional dos centros dependentes da consellería

Sen achega económica

16.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a OPC Galicia para o Plató Xacobeo na Cidade da Cultura de Galicia

33.750,00 €

16.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Sober para a realización dunha actuación arqueolóxica de posta en valor do xacemento arqueolóxico de Proendos (Sober, Lugo)

30.000,00 €

16.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello do Bolo para a creación dunha sala de exposicións nun CEIP cedido ao concello

Sen achega económica

19.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as con Necesidades especiais (Anepa)

Sen achega económica

19.11.2021

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento nos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, dun programa formativo de prácticas complementarias destinado ao alumnado do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Sen achega económica

22.11.2021

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo y Científico entre España y los Estados Unidos de América en materia de cultura

Sen achega económica

23.11.2021

Convenio marco entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións en materia de emprendemento e educación financeira

Sen achega económica

23.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Banco Santander, S.A. e a Fundación de la Universidad de Cantabria para el Estudio y la Investigación del Sector Financiero (UCEIF) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espíritu emprendedor no marco de Eduemprende

Sen achega económica

26.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e La Región, S.A. para a difusión informativa dos produtos culturais galegos

13.311,15 €

26.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Barreiros para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello

22.125,00 €

26.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Monterroso para a creación dun museo na Vila de Monterroso

Sen achega económica

30.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para a formación e habilitación do profesorado no marco do Programa RCP na Aula en Galicia

Sen achega económica

9.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade do Algarve para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

12.000,00 €

10.12.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-IEGPS) para instrumentar unha subvención co fin de establecer as bases científicas para recoñecer como rutas dos Camiños de Santiago en Galicia novas alternativas non recollidas na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

607.463,80 €

14.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo para a redacción do Plan Reitor da proposta Stellae 5.0 Patrimonio Cultural Dixital vinculado ao Camiño de Santiago

25.000,00 €

15.12.2021

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Cidade da Cultura para a construcción do Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais (Ceipac) e a adecuación de espazos para servizos do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), e da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

300.000,00 €

15.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional

Sen achega económica

15.12.2021

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Asociación Puntogal para a preservación dos sitios web.gal pola que se modifican as cláusulas 8ª, 10ª e 13ª e se incorporan referencias ao réxime xurídico e á notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos

Sen achega económica

15.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Bueu para a creación dunha sala de interpretación do Bueu Romano

Sen achega económica

17.12.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba

Sen achega económica

20.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as universidades de Santiago de Compostela (USC), da Coruña (UDC) e Vigo (UVIGO) para apoiar a eficiencia enerxética e a rehabilitación de edificios públicos do Sistema universitario de Galicia

4.500.000,00 €

22.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) para a colaboración no desenvolvemento de proxectos de formación profesional dual polo réxime de bolsas

Sen achega económica

23.12.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Universidade Federal da Bahía para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

12.000,00 €

23.12.2021

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Riotorto para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Riotorto pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª, 7ª e 9ª, se incorporan referencias á notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos

Sen achega económica

29.12.2021

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello do Pino para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal do Pino pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª, 7ª e 9ª, se incorporan referencias á notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos

Sen achega económica

29.12.2021

2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Deputación Provincial de Ourense para a creación dun Centro Galego de Innovación da Formación Profesional en Ourense

1.536.466,54 €

30.12.2021

ANEXO II

Título do convenio

Achega da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Data de sinatura

Convenio marco entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Confederación de Empresarios de Galicia sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional

Sen achega económica

13.4.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2021

120.000,00 €

22.4.2021

ANEXO III

Título do convenio

Achega da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Data de sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e as fundacións María José Jove e Indaga para a difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de educación primaria, secundaria obligatoria, bacharelato e formación profesional dun programa de formación para o tratamento do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade

Sen achega económica

7.6.2021

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Astilleros Gondán, S.A. para o desenvolvemento dun programa de formación específico para futuros traballadores da empresa

Sen achega económica

14.6.2021

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) para a incorporación de auxiliares de conversa Fulbright para o curso 2021/22

399.000,00 €

6.7.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (España) e a Uniwersytet Jagielloński (Polonia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e cultura galegas

3.000,00 €

26.7.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Instituto Teolóxico Compostelán de Santiago de Compostela para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado

Sen achega económica

5.8.2021

2ª addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo, o Cabido do Conxunto Catedralicio de Santiago de Compostela e a Fundación Catedral de Santiago para o desenvolvemento e execución das actuacións de conservación e reparación de diversos paramentos e sistemas construtivos da Catedral de Santiago de Compostela

Sen achega económica

5.8.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para completar as axudas ao persoal investigador principal dos programas Grants do Consello Europeo de Investigación (ERC)

1.950.000,00 €

17.8.2021

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatorias MEC 2014 e 2015)

12.750,00 €

27.8.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Erik Lövaas para Autismo

Sen achega económica

30.8.2021