Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2021/245-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domcilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma da LMTA SDM711 derivada Ameal.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor tipo LA 30 de 100 metros de lonxitude en dous tramos. O primeiro tramo ten 50 metros, con orixe no apoio proxectado A (entre os apoios existentes D-54-14 e D54-15) e final no apoio existente A2VSGIBS//D54-14. O segundo tramo ten 50 metros, con orixe no apoio proxectado B (entre os apoios existentes D-54-21 e D54-22) e final no apoio existente A2VCORJK//D54-21-1. Retirada dun tramo de LMTA de 409 metros de lonxitude. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 559 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado A e final no apoio proxectado B. Retirada dun tramo de LMTS de 112 metros de lonxitude entre o apoio D54-17 que será desmontado e o centro de transformación Ameal (36CXB4). As instalacións están situadas no lugar de Carballal, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2021/245-4.

Denominación: reforma da LMTA SDM711 derivada Ameal.

Concello: Vigo.

Paraxe

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

m2 sub.

1

Bandeira

Labor

54057A030003350000AO

Ramón Barreiro Soto

1

2

8

2

Bandeira

Piñeiral

54057A028003200000AI

Jacobo Lago Pastoriza

8,85

17,65

3

Arreiro

Piñeiral

54057A028003260000AH

Jacobo Lago Pastoriza

7,64

154,53