En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante: A.V. Monte Festeiros, S.L.U.
Denominación do proxecto: parque eólico Monte Festeiros.
Concellos afectados: Silleda e Forcarei (Pontevedra).
Potencia que se van instalar: 48 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 10.
Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 140.467 GWh/ano.
Orzamento total (execución material): 39.434.041,53 € .
Localización: (coordenadas UTM).
Coordenadas da poligonal de delimitación:
Vértice |
UTM-X (ETRS89) |
UTM-Y (ETRS89) |
A |
555.540,47 |
4.723.536,33 |
B |
558.475,21 |
4.723.231,68 |
C |
559.875,19 |
4.722.785,20 |
D |
561.875,19 |
4.722.785,20 |
E |
561.875,19 |
4.721.785,20 |
F |
560.235,19 |
4.720.965,20 |
G |
560.071,73 |
4.720.782,40 |
H |
560.024,30 |
4.720.835,92 |
I |
559.990,67 |
4.720.890,45 |
J |
559.985,85 |
4.720.908,73 |
K |
559.709,70 |
4.721.005,24 |
L |
558.915,19 |
4.721.065,20 |
M |
558.495,19 |
4.720.945,20 |
N |
558.275,19 |
4.720.445,20 |
O |
558.775,19 |
4.720.165,20 |
P |
559.095,19 |
4.719.505,20 |
Q |
558.775,19 |
4.719.245,20 |
R |
558.770,72 |
4.719.227,59 |
S |
559.063,56 |
4.718.716,81 |
T |
558.958,45 |
4.718.457,91 |
U |
558.611,38 |
4.718.598,81 |
V |
558.535,00 |
4.718.297,14 |
W |
557.875,19 |
4.718.464,19 |
X |
557.875,19 |
4.718.785,20 |
Y |
556.875,18 |
4.720.785,20 |
Z |
555.449,73 |
4.722.550,16 |
Coordenadas dos aeroxeradores, estacións meteorolóxicas e da subestación:
Aeroxerador |
UTM-X (ETRS89) |
UTM-Y (ETRS89) |
Modelo |
Potencia máquina (MW) |
Altura de buxe (m) |
MF01 |
557.276,78 |
4.720.968,62 |
V136 |
*3,00 |
82,00 |
MF02 |
558.072,90 |
4.720.440,90 |
V136 |
*3,00 |
82,00 |
MF03 |
558.033,57 |
4.722.230,08 |
V136 |
4,20 |
82,00 |
MF04 |
559.738,96 |
4.722.453,14 |
V150 |
5,60 |
105,00 |
MF05 |
559.976,60 |
4.722.208,63 |
V136 |
4,20 |
82,00 |
MF06 |
560.253,60 |
4.721.970,69 |
V150 |
5,60 |
105,00 |
MF07 |
560.569,37 |
4.721.759,90 |
V150 |
5,60 |
125,00 |
MF08 |
560.914,94 |
4.721.530,78 |
V150 |
5,60 |
125,00 |
MF09 |
561.665,11 |
4.722.013,19 |
V150 |
5,60 |
125,00 |
MF10 |
561.564,38 |
4.722.539,34 |
V150 |
5,60 |
125,00 |
* Vestas V136 de 4,2 MW limitados a 3 MW
Estacións meteorolóxicas |
UTM-X (ETRS89) |
UTM-Y (ETRS89) |
Altura buxe (m) |
Torre 1 |
557.850,92 |
4.721.035,61 |
82,00 |
Torre 2 |
560.357,25 |
4.721.688,09 |
125,00 |
SET Parque eólico Monte Festeiros |
||
SET |
X (ETRS89) |
Y (ETRS89) |
560.160,00 |
4.722.505,00 |
|
Envolvente SET |
||
A |
560.168,54 |
4.722.548,70 |
B |
560.186,84 |
4.722.551,30 |
C |
560.196,08 |
4.722.482,05 |
D |
560.131,30 |
4.722.473,43 |
E |
560.124,18 |
4.722.528,50 |
F |
560.170,43 |
4.722.534,62 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 10 aeroxeradores tripala modelo Vestas: 4 V-136 e 6 V-150. Dous V136 terán limitada a súa potencia nominal para efectos de adaptarse á potencia máxima do parque eólico (48 MW). A altura será variable tal como se indica na táboa de características dos aeroxeradores, e con unha lonxitude de pala de 73,66 m para os V150 e 66,66 m para os V136. Cada un deles estará equipado con un transformador elevador 0,72/30 kV no seu interior.
– 2 torres de medición:
• Torre de medición 1 terá unha altura de 82 m. Colocaranse os seguintes aparellos de medida:
2 anemómetros a 82 e 62 metros.
2 veletas a 79 e 59 metros.
Termohigrómetro a 77 metros.
Barómetro a 77 metros.
• Torre de medición 2 terá unha altura de 125 m, cos seguintes aparellos de medida:
3 anemómetros a 125, 105 e 85 metros.
3 veletas a 122, 102 e 82 metros.
Termohigrómetro a 120 metros.
Barómetro a 120 metros.
– A rede de media tensión do parque, recollerá a enerxía xerada polos aeroxeradores e transportarase ata a subestación colectora 30/132 kV Monte Festeiros, estará formada polos seguintes elementos:
• 10 centros de transformación, grupo de conexión Dyn11 e tensión 0,72/30 kV situados no interior dos aeroxeradores.
• 3 liñas soterradas (de sección variable) de 30 kV para conectar os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque. Circuíto nº 1 MF1, MF2, MF3 de lonxitude 6.329,1 m e potencia 10,20 MW; circuíto nº 2 MF8, MF9, MF10 de 5.061,75 m e potencia 16,80 MW e circuíto nº 3 MF4, MF5, MF6, MF7 de 1.990,4 m con potencia 21,00 MW.
En paralelo á canalización eléctrica, instalarase o cable de posta a terra de cobre e sección 50 mm2.
Os condutores de media tensión serán de tipo RHZ1 18/30 kV Al + H16/25 e sección variable de 50, 95, 150, 240, 400 e 630 mm2.
A lonxitude total de gabia resulta de 9.909,51 m.
– Subestación transformadora Monte Festeiros onde se elevará a tensión de entrada de 30 kV a unha tensión de saída de 132 kV por medio dun transformador 132/30 kV de 50/55 MVA ONAN/ONAF. Contará cun parque de intemperie, onde estará a aparamenta de 132 kV e será de tecnoloxía compacta tipo módulos PASS M0 de ABB ou similar e unha parte cuberta para a aparamenta de 30 kV.
O centro de control do parque e a parte cuberta da subestación estarán situados nun mesmo edificio separados e con accesos independentes. O sistema de control utilizará unha rede Ethernet sobre fibra óptica que enlaza os aeroxeradores co servidor SCADA.
Contará tamén cun transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, RBDA e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias dos concellos de Silleda (r/ Trasdeza, 55, 36540 Silleda) e Forcarei (praza Igrexa, 1, 36550 Forcarei).
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do parque eólico Monte Festeiros, promovido por A.V. Monte Festeiros, S.L.U. (B70296819) ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais de Galicia, modificada pola Lei 8/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu o 27 de xullo de 2021 declarar a tramitación de urxencia deste proxecto de acordo co establecido no artigo 44.2 da devandita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos para o procedemento ordinario, salvo a presentación de solicitudes e recursos.
Pontevedra, 15 de decembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra