Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2561

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designa o conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2022.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia resolve:

Facer público o Acordo plenario do 12 de xaneiro de 2022, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designa o conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2022, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 12 de xaneiro de 2022, acorda:

Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez como membro da Sección de Estudos e Informes.

Segundo. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia