Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2655

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 22 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo FEMP para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).

BDNS (Identif:): 605442.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/
bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións:

a) As confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras que teñan o ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente coas entidades do sector da pesca mencionadas na letra anterior.

c) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro recoñecidos pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.

No caso das organizacións non gobernamentais, a actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída nos fins dos seus estatutos.

Cando as actividades de recollida de residuos sexan realizadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo polas embarcacións pesqueiras ou persoas mariscadoras a pé participantes nel só poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades do sector da pesca establecidas no artigo 4.1.a) e b) que sexan titulares dun plan de xestión. Non caso do artigo 4.1.c) poderán ser beneficiarias as organizacións que asinen acordos de colaboración con entidades titulares do plan de xestión de marisqueo.

As entidades sinaladas na letra a) do punto 1 poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre elas como unha agrupación de entidades, mentres que as entidades sinaladas nas letras b) e c) só poderán concorrer conxuntamente con aquelas que se indican nesas letras.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector da pesca.

O procedemento que regula a presente orde correspóndese co código PE209F da Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia.

Terceiro. Base reguladora

Orde do 22 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo FEMP para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2022 e a plurianualidade asociada alcanza o importe dun millón de euros (1.000.000,00 euros), que se reparte nas seguintes anualidades e partida orzamentaria:

Partida orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

Total

15.03.723C.780.2

600.000,00

400.000,00

1.000.000,00

Para o ano 2022, na partida orzamentaria sinalada, código de proxecto 2016 292, existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia o día 18 de outubro de 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Para a convocatoria de 2022 o prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar