En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de decembro de 2021, co seguinte texto literal: «Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ribadeo, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo