Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente 2021/4190-1).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación do acto administrativo de citación a persoa interesada que se sinala no dito anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, a dita persoa interesada, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, de non atender o establecido no acto de citación, practicada a notificación por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 14 de decembro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2021/4190-1

48110344W

Citación para o recoñecemento

22.11.2021