Con data do 22 de outubro de 2021 o DOG fixo pública a Orde do 5 de outubro de 2021 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quendas libre e de concurso.
Con data do 29 de outubro de 2021 o BOE publicou o anuncio desa convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes. Con data do 26 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 22 de novembro de 2021 pola que se modifica o número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso.
No Diario Oficial de Galicia número 242, do 20 de decembro, publicouse a resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quendas de acceso libre e de concurso. Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou de non exención da proba de lingua galega. Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 22 de outubro, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 (DOG núm. 204, do 22 de outubro) pola quenda de acceso libre e concurso, así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.
A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal
A listaxe de persoas declaradas exentas ou non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal
A listaxe definitiva de persoas excluídas na quenda de oposición libre, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución.
A listaxe definitiva de persoas excluídas na quenda de concurso, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo II a esta resolución.
Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 20 de xaneiro de 2021, no pavillón 2 do Recinto Feiral de Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra) en chamamento único que se realizará ás 10.00 horas.
As persoas convocadas deberán presentarse na porta asignada, que será publicada con anterioridade á proba na páxina web da Agasp, coa seguinte documentación:
1. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.
2. Certificado de vacinación COVID ou PCR/antíxenos con resultado negativo realizado nas 48 horas inmediatamente anteriores á realización do chamamento. Esta documentación deberá ser entregada en papel para poder acceder ao recinto.
3. Lapis número 2, goma de borrar e, no caso de realizar a proba de coñecementos da lingua galega, bolígrafo azul.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de teléfonos móbiles.
Terceiro. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase inmediatamente a seguir da primeira proba, unha vez finalizada esta.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Estrada, 12 de xaneiro de 2022
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO I
Listaxe definitiva de persoas excluídas. Quenda de oposición libre
NIF |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
Causas exclusión |
****154*** |
Álvarez |
Gómez |
Xeila |
6 |
****732*** |
Araujo |
Solou |
Brandán |
5 |
****932*** |
Cabrera |
Lado |
Iria |
6 |
****944*** |
Carreira |
Penalonga |
Adrián |
1 |
****426*** |
Cendán |
Lloréns |
Andrés |
1,6 |
****127*** |
Corral |
López |
Pablo |
1 |
****182*** |
Couso |
Martínez |
Pablo |
6 |
****893*** |
Del Río |
Ferro |
Carolina |
6 |
****620*** |
Domingos |
Fernández |
Alberto |
1,5 |
****065*** |
Dors |
Vivian Thierry |
4.5,6,8 |
|
****051*** |
Faro |
Del Pico |
Sergio |
4,5 |
****557*** |
Fernández |
Da Vila |
Carmen María |
1 |
****653*** |
Fernández |
Fagilde |
Helena |
1,6 |
****927*** |
Fernández |
García |
Sandra |
6 |
****779*** |
Hidalgo |
López |
Diana Marcela |
8 |
****672*** |
Iglesias |
Rodríguez |
Miguel |
9 |
****832*** |
Lavandeira |
García |
Jorge |
6 |
****580*** |
Lodeiro |
García |
Verónica |
6 |
****059*** |
Monteagudo |
Moraña |
Breogán |
1 |
****742*** |
Núñez |
Fernández |
José Luis |
5 |
****636*** |
Oliveira |
Pereira |
Fernando |
5 |
****582*** |
Quintela |
Abuín |
Samuel Ainvar |
6 |
****834*** |
Rodríguez |
Rivas |
José Rafael |
6 |
****880*** |
Román |
Comesaña |
Diego |
6 |
****984*** |
Romero |
Gomes |
Camila Clarisse |
4,6,8 |
****041*** |
Sebelón |
Barrio |
Juan Manuel |
5 |
****465*** |
Seoane |
Rial de Abraldes |
Alejandra |
6 |
****659*** |
Spadaffora |
Cediel |
Steven |
6 |
****372*** |
Villaverde |
Martinez |
Fernando |
6 |
Causas de exclusión |
|
1 |
Non presenta xustificante do aboamento da taxa |
4 |
Non foi posible consultar os antecedentes penais. |
5 |
Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida. |
6 |
Non ten ou non foi posible consultar os datos do carné de conducir. |
8 |
Non acredita posuír a nacionalidade española. |
9 |
Solicitude presentada fóra de prazo |
ANEXO II
Listaxe definitiva de persoas excluídas. Quenda de concurso
NIF |
Primeiro apelido |
Segundo apelido |
Nome |
Causas exclusión |
***1583** |
Andrade |
Castro |
Carlos |
1 |
***6775** |
Fondo |
Balsas |
María José |
1,2 |
***9653** |
Rey |
Rodríguez |
Mónica |
2 |
Causas de exclusión |
|
1 |
Non presenta xustificante do aboamento da taxa |
2 |
Modelo de solicitude incorrecto ou incompleto |