Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 2015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0001/2021-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0001/2021-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 27 de decembro de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0001/2021-PPM

47353705V

Resolución

Rúa Cabañas, 7, 2º I, A Coruña

PSC-CO-0003/2021-PPM

35632599X

Resolución

Rúa de Arriba, 17, 1º, Rianxo

PSC-CO-0054/2021-PPM

78806762E

Resolución

Nine, 36, Cespón, Boiro

PSC-CO-0058/2021-TRA

32787637X

Resolución

Agra de Bragua, 42, 3º D, A Coruña

PSC-CO-0251/2021-PPM

76346372B

Resolución

Rúa dos Condes, 19, Corme, Ponteceso