Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2022 Páx. 1975

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2021, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses

de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da D.O.P. Mexillón de Galicia, para a promoción e a mellora da comercialización de mexillón certificado D.O.P. no ano 2021.

65.000 €

23.9.2021

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento e a implantación dun sistema de información de soporte, para os procesos electorais das confrarías de pescadores de Galicia.

34.000 €

26.10.2021

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento, implantación e mantemento dun portal web para o Centro de Referencia Nacional de Acuicultura e Mergullo –Instituto Galego de Formación en Acuicultura– e a mellora das prestacións do portal web do Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación –Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo–.

21.000 €

2.11.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca), para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2021.

Sen custo

8.11.2021

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Consellería de Política Social e a Consellería do Mar, para o desenvolvemento do programa Conserva o importante, de cara á provisión e repartición de alimentos destinados ás persoas en situación de vulnerabilidade agravada a raíz da COVID-19.

15.000 €

1.12.2021