Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2021/164-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CT Vidancelle-Estás.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 700 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) existente Paredes-Estás e final no CT proxectado Vidancelle-Estás. Centro de transformación en envolvente prefabricada de 160 kVA, relación de transformación 20000/400 V. As instalacións están situadas no lugar de Vidancelle-Estás, na parroquia de Estás, no concello de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 23 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/164-4.

Denominación: LMTS e CT Vidancelle-Estás.

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Entre Ríos

Rural

36054C0503003610000DU

María Guadalupe Martínez Calzado, María Pilar Álvarez Martínez, Eduardo Álvarez Martínez e Rita Álvarez Martínez

12,96

10,50