Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1353

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2022 pola que se corrixen os erros detectados na Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 27 de decembro de 2021 publicouse a Resolución do 16 de decembro de 2021 da Universidade da Coruña pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

Advertido un erro no anexo I, relativo aos requisitos dos postos de traballo convocados, cómpre ordenar a súa corrección e, dado que esta corrección afecta os requisitos dos postos obxecto da convocatoria, é aconsellable ampliar o prazo establecido na Resolución do 16 de decembro de 2021 para a presentación de solicitudes polas persoas interesadas.

Polo exposto, en virtude da RR do 14 de xaneiro de 2020 pola que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais da Universidade da Coruña e as competencias dos seus órganos directivos, e ao amparo do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Primeiro. Corrixir a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 247, do 27 de decembro), na páxina 63987, no anexo I, onde di:

«Requisitos: funcionario/a de carreira con destino definitivo na Universidade da Coruña».

Debe dicir:

«Requisitos:

Postos 750 e 13: UDC. Ocupación por persoal da Universidade da Coruña.

Posto 758: AAPP. Ocupación por persoal de calquera Administración».

Segundo. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en 10 días desde a finalización do prazo establecido na Resolución do 16 de decembro de 2021.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2022

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña