Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1199

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A).

Os parques naturais son áreas naturais pouco transformadas polas actividades humanas que, en razón da beleza dos seus sitios, da representatividade dos seus ecosistemas ou das singularidades da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, establece que os poderes públicos deberán impulsar as actividades que contribúan a conseguir os obxectivos de conservación da natureza, impulsar medidas fiscais incentivadoras da iniciativa privada e desincentivar aquelas con incidencia negativa sobre a conservación da biodiversidade e uso sustentable (artigo 5) do patrimonio natural. A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, prevé a posibilidade de outorgar axudas que contribúan á conservación e ao aproveitamento sustentable dos espazos naturais protexidos e da biodiversidade (artigo 11).

Na actualidade, Galicia conta con seis parques naturais declarados: Baixa Limia-Serra do Xurés, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Fragas do Eume, Monte Aloia, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra. A superficie total dos parques naturais declarados presenta unha extensión de 49.086,76 ha. Todos os parques naturais contan con plans de ordenación dos recursos naturais (PORN), e estes instrumentos constitúen un límite para calquera outro instrumento de ordenación territorial ou física. Tanto nos decretos de declaración dos parques naturais como nos decretos de aprobación dos instrumentos de ordenación se establece a necesidade e o deber de conservación dos valores naturais das zonas declaradas, e está prevista a creación de diferentes liñas de incentivación que permitan compatibilizar a preservación da biodiversidade co necesario desenvolvemento das zonas declaradas.

Así mesmo, o artigo 55 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, enumera os distintos instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos e establece que nos parques a xestión se levará a cabo mediante plans reitores de uso e xestión que desenvolven as directrices e os criterios previstos no correspondente plan de ordenación dos recursos naturais, establecendo as directrices de actuación tanto da Administración coma dos particulares no seu ámbito de aplicación para garantir a conservación, a protección e a mellora dos valores ambientais presentes neles e para fomentar a investigación e un uso público sustentable.

Nese senso, o Decreto 102/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro, así como o Decreto 101/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, foron aprobados como instrumentos específicos de xestión dos parques naturais do Invernadeiro e da Serra da Enciña da Lastra.

Así mesmo, o Decreto 24/2020, do 9 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia e polo que se aproba o II Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia, así como o Decreto 90/2021, do 26 de maio, polo que se modifica o Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, tamén foron aprobados como instrumentos específicos de xestión dos parques naturais do Monte Aloia e do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Esta orde serve como instrumento útil para propiciar o desenvolvemento de actividades tradicionais e fomentar outras compatibles coa conservación do espazo. As axudas pretenden dar resposta a estes obxectivos, fomentando e aumentando o papel de persoas físicas (propietarias ou arrendatarias...), comunidades de montes veciñais, asociacións, empresas e concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de propietarios/as agrícolas ou ben como entidades xestoras de terras.

Por outra banda, o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015 e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión CE (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021, elaborado ao abeiro das disposicións do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015, recolle entre as súas liñas básicas de actuación: «Conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia, promover a xestión sustentable dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático» e «Mellorar a calidade de vida da poboación rural fomentando a prestación de servizos básicos que axuden á fixación da poboación no medio rural, á creación de emprego e á redución do risco de pobreza».

O artigo 17.d) do Regulamento 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, establece o apoio aos investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e en materia de clima, como o estado de conservación da biodiversidade de especies e hábitats e o reforzo do carácter de utilidade pública dunha zona da Rede Natura 2000 ou outros sistemas de alto valor natural. Ao abeiro deste artigo, o Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 incorpora a submedida 4.4 «Axuda aos investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos». Con esta medida apóianse proxectos en zonas da Rede Natura 2000 para a mellora da paisaxe rural e os seus elementos representativos e proxectos para o mantemento das condicións ambientais dirixidas á recuperación e conservación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Estas actuacións son coherentes coas medidas propostas no Plan director da Rede Natura 2000.

O que se pretende coa publicación destas axudas é dar resposta aos obxectivos de conservación dos parques naturais e mellorar o carácter de utilidade pública destes espazos, fomentando e aumentando o papel das persoas propietarias ou arrendatarias, de asociacións, empresas e concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións nestas zonas da Rede Natura 2000.

O réxime xeral das axudas e subvencións na nosa Comunidade Autónoma establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

O Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sinala no seu artigo 11 que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións atribuídas á Consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos, e a súa preservación para as xeracións futuras e, en particular, atribúelle no parágrafo 1, letra f), a conservación específica dos espazos que compoñen a Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000 de Galicia ou doutras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Finalidade e obxecto

1. O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, os sistemas agrarios de alto valor natural, así como mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas dentro dos espazos protexidos ou nas súas áreas de influencia socioeconómica por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias dirixidas á conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou da rendibilidade das explotacións agrícolas ou que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 pertencentes aos parques naturais.

Así mesmo, convócanse as axudas correspondentes ao exercicio orzamentario do ano 2022 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MT819A).

2. Para os efectos desta orde, entenderase por área de influencia socioeconómica do parque natural todo aquel municipio que teña toda ou parte da súa superficie dentro dun parque natural.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

a) As persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, entendendo por titular tanto persoas físicas como xurídicas propietarias ou arrendatarias, preferiblemente residentes en zonas rurais situadas dentro do parque natural, ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou doutras áreas de alto valor natural.

b) Os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie dentro do parque natural na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.

c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.

d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural constituídas con anterioridade á publicación desta orde. Priorizaranse aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural e que sexan propietarias ou arrendatarias das terras para as cales se solicita a axuda.

2. Só se admitirá unha solicitude e proxecto por solicitante.

3. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Réxime e principios de aplicación

1. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, tal e como se establece no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. Conforme o anterior e o artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: http://cmaot.xunta.gal/axudas-e-subvencions

Artigo 4. Ámbito territorial

Para os efectos do seu financiamento a través do PDR 2014-2020, as axudas desta convocatoria aplicaranse a proxectos que se desenvolvan no ámbito territorial definido polas zonas rurais (ZPP) ou intermedias (ZIP) dos parques naturais de Galicia e as súas áreas de influencia, conforme a clasificación establecida polo grao de urbanización a nivel de parroquia. [Fonte: Instituto Galego de Estatística: Clasificación do grao de urbanización das parroquias (GU 2016)]. Para os efectos desta orde, unha vez comprobado que non existen parroquias definidas como densamente poboadas (ZDP) no ámbito territorial dos parques naturais, todas as solicitudes dos parques naturais de Galicia e as súas áreas de influencia deben considerarse admisibles en relación con este requisito.

En ningún caso se financiarán actuacións en solo forestal que estean previstas na medida do artigo 25 do Regulamento (UE) 1305/2013.

Artigo 5. Actividades subvencionables e importe

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos:

1º. Creación e/ou mellora de cercas, sebes, vexetación de lindes e bordos non cultivados.

2º. Actuacións para a mellora da paisaxe rural, como restauración de muros de cachotaría e cantaría.

3º. Mellora de carreiros rurais.

4º. Creación de rutas e áreas recreativas, así como os investimentos necesarios orientados a proporcionar o equipamento de información e interpretación adaptados ás características dos espazos naturais, como elementos interpretativos, paneis informativos, observatorios ou elementos de análoga natureza asociados ás rutas ou ás áreas relacionados coa mellora do carácter de utilidade pública de Natura 2000, destinadas a visitantes ou habitantes.

5º. Sinalizacións de camiños e carreiros.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional.

1º. Rehabilitación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais, representativos nas explotacións agrícolas, hórreos, milladoiros, cabanas, valados, fontes e calquera outro de análoga ou similar natureza, ou necesarios para contribuír ao mantemento da paisaxe rural tradicional. Realizarase dentro dos espazos naturais e conforme os condicionados do anexo VI. Non serán elixibles os gastos de restauración de elementos do patrimonio histórico nin os arqueolóxicos catalogados como bens de interese cultural ou incluídos en catálogos municipais.

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais:

1º. Actuacións para a preservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario ou de hábitats de especies prioritarias, ameazadas ou de interese comunitario.

i. Creación de cercas e outras obras necesarias para facilitar a conservación, incluídas a protección das augas e do solo.

ii. Restauración de humidais, corrección de drenaxes e restauración de queirogais.

iii. Modificación de estruturas existentes para permitir o desprazamento da fauna salvaxe e outras actuacións de mellora da conectividade.

iv. Investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes.

v. Eliminación de especies exóticas invasoras.

vi. Outras actuacións de diverso tipo que contribúan á preservación dos hábitats ou das especies.

2º. Actuacións de preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais.

3º. Outras actuacións sobre ecosistemas naturais ou seminaturais entre as cales se menciona, a modo de exemplo, a recuperación de sebes nos límites das explotacións e nas beiras das zonas comúns ou a recuperación de soutos.

2. En ningún caso serán subvencionables aquelas actuacións que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos dos parques naturais e da Rede Natura 2000 ou que poidan pór en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, recollidos segundo as prescricións contidas na normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicables a estes espazos. Tampouco serán subvencionables aquelas medidas que xa foron obxecto de financiamento con cargo ao PDR 2007-2013 ou PDR 2014-2020, salvo que transcorresen máis de 5 anos desde o último pagamento.

3. Todas as accións, obras ou traballos deberán estar situados dentro do perímetro do parque natural ou da área de influencia socioeconómica; priorízanse as accións que se realicen dentro do parque sobre aqueloutras que estean fóra.

4. Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 40.000 euros/proxecto, no caso de que a persoa beneficiaria sexa un concello, e de ata 12.000 euros/proxecto, no caso de persoas beneficiarias das letras a), c) e d) do artigo 2. Só se admitirá unha solicitude de axuda e un único proxecto.

5. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes débense manter afectos para o fin para o cal se lles concedeu a subvención, como mínimo durante cinco anos.

6. O IVE non será subvencionable.

Os custos vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios relativos á asistencia en arquitectura, enxeñaría, ao asesoramento en xeral ou sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade, a que se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento.

Segundo o artigo 60 do Regulamento (UE) 1305/2013, unicamente se considerarán subvencionables os gastos efectuados despois de presentarse a correspondente solicitude á autoridade competente, con excepción dos custos xerais previstos no artigo 45.2.c) deste regulamento, en relación coas operacións de investimento efectuadas no marco de medidas incluídas no ámbito de aplicación do artigo 42 do TFUE.

Non serán subvencionables os custos de mantemento e funcionamento.

7. As actividades que se van realizar cumprirán co condicionado establecido no anexo VI desta orde.

8. As obras obxecto de subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, a persoa interesada deberá contar coas licenzas e autorizacións preceptivas que sexan exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación. No caso de ser aprobada, a actuación entenderase autorizada no ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

9. A persoa beneficiaria poderá subcontratar totalmente a actividade ou acción subvencionada, respectando en todo caso as prescricións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, así como na normativa que regula a contratación do sector público. Igualmente e para garantir a moderación de custos, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberán solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto coa solicitude de axuda. En ningún caso se poderán subcontratar actividades que aumenten o custo da actividade subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido. Non serán subvencionables os custos relativos aos seguintes contratos: a) os que aumenten o valor de execución da operación sen achegar un valor engadido b) os subscritos con persoas intermediarias ou asesoras en que o pagamento consista nunha porcentaxe de custo total da operación, a non ser que a persoa beneficiaria xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

Cando a persoa beneficiaria sexa unha Administración pública, ademais de cumprir co disposto na normativa de contratación do sector público exixirase tamén a presentación de tres ofertas no caso de contratos menores.

10. O panel explicativo a que se refire o artigo 16 desta orde será subvencionable.

Artigo 6. Criterios de valoración

As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que a continuación se indican:

1. Segundo o tipo de actuación:

a) Actuacións do grupo c) do artigo 5, dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais.

1º. Actuacións para a preservación de hábitats prioritarios ou hábitats de especies prioritarias ou ameazadas: 25 puntos.

2º. Actuacións para a preservación de hábitats de interese comunitario ou hábitats de especies de interese comunitario: 20 puntos.

3º. Actuacións de preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais: 15 puntos.

4º. Outras actuacións sobre ecosistemas naturais ou seminaturais: 10 puntos.

b) Actuacións do grupo b) do artigo 5, dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional: 10 puntos.

c) Actuacións do grupo a) do artigo 5, dirixidas á mellora da paisaxe agraria: 10 puntos.

d) Actuacións do grupo a) do artigo 5, para o desenvolvemento de usos recreativos en espazos protexidos:

1º. Rutas para a práctica do sendeirismo e turismo de natureza: 10 puntos.

2º. Áreas recreativas situadas na zona 3 do Plan director Rede Natura 2000 ou fóra dos espazos, pero inmediatamente limítrofes (parroquias parcialmente incluídas en Rede Natura 2000): 10 puntos.

3º. Áreas recreativas situadas na zona 2 do Plan director da Rede Natura 2000: 5 puntos.

2. Segundo o grao de adecuación da actividade proposta ás directrices de xestión e á zonificación, e a planificación establecidas no Plan director da Rede Natura 2000, e outros instrumentos específicos de planificación e xestión do parque natural en que se desenvolva.

a) Actuacións recollidas como prioridades ou como beneficiosas para algún dos compoñentes da biodiversidade no Plan director da Rede Natura 2000: 25 puntos.

b) Actuacións recollidas nos instrumentos específicos de planificación e xestión do parque natural: 20 puntos.

c) Actuacións non incluídas na planificación do parque pero recollidas no Marco de acción prioritaria para a Rede Natura 2000 en España para o período de financiamento 2014-2020: 15 puntos.

d) Actuacións diferentes das anteriores recollidas como permitidas no Plan director da Rede Natura 2000: 10 puntos.

e) Actuacións diferentes das anteriores recollidas como autorizables no Plan director da Rede Natura 2000: 5 puntos.

3. Segundo a porcentaxe da superficie do municipio incluída na Rede Natura 2000 do concello conforme a táboa de superficies que se indica no anexo IX:

a) Maior do 60 %: 25 puntos.

b) Entre o 30 % e o 60 %: 20 puntos.

c) Menor do 30 %: 15 puntos.

4. Segundo a poboación do municipio en 1 de xaneiro de 2020 (fonte: Instituto Galego de Estatística a partir do padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística):

a) Menor de 5.000 habitantes: 15 puntos.

b) Entre 5.000 e 10.000 habitantes: 10 puntos.

c) Maior de 10.000 habitantes: 5 puntos.

5. Segundo a porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social na agricultura das persoas residentes no municipio (fonte: Instituto Galego de Estatística). Período de referencia: xuño de 2021:

a) Maior de 10 %: 15 puntos.

b) Entre o 7 % e o 10%: 10 puntos.

c) Menor de 7 %: 5 puntos.

6. En función da residencia da persoa solicitante:

a) Se a residencia é en terreos dentro do espazo protexido: 15 puntos.

b) Se a residencia é en terreos fóra do espazo protexido, pero no ámbito xeográfico de parroquias con territorio incluído total ou parcialmente no espazo: 10 puntos.

c) Se o solicitante non reside en parroquias con territorio incluído en espazo protexido pero si en municipios da súa área de influencia: 5 puntos.

7. Criterios relativos á actividade da persoa solicitante:

a) Proxecto presentado pola persoa titular dunha explotación integrada en agricultura ecolóxica: 20 puntos.

b) Proxecto presentado por un/unha agricultor/a profesional: 15 puntos.

c) Proxectos presentados por entidades asociativas: 10 puntos.

d) Proxectos presentados por empresas que teñan un plan de igualdade aprobado: 5 puntos.

Os criterios 1, 2, 3 e 4 aplicaranse a todas as solicitudes. O criterio número 5 aplicarase ás solicitudes de entidades locais e os números 6 e 7, ao resto de solicitudes.

A puntuación máxima dunha operación será de 140 puntos. Para que un proxecto sexa considerado, establécese que unha solicitude deberá obter unha puntuación mínima de 45 puntos, dos cales 15 deberán obterse nas dúas primeiras epígrafes de criterios.

Artigo 7. Baremación e criterios de desempate

1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os criterios xerais de valoración seguintes.

2. No caso de que o proxecto presentado inclúa varias actuacións que correspondan a máis dun grupo de actividades do número 1 do artigo 5, a valoración segundo o tipo de actuación da totalidade do proxecto realizarase dentro dun único grupo, o correspondente á actuación ou actuacións cun maior peso orzamentario.

3. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar. Neste sentido, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios de valoración indicados no artigo anterior e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible e, de ser o caso, aplicando as regras de desempate especificadas a continuación: a igualdade de puntos, priorizaranse os proxectos localizados na súa totalidade en zonas Natura 2000. De persistir o empate, priorizaranse os proxectos que obteñan maior puntuación no número 1 (segundo o tipo de actuación), e de continuar o empate, priorizaranse os proxectos que vaian obtendo maior puntuación en cada unha das epígrafes seguintes.

Artigo 8. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Documentación complementaria

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación:

1. Para toda persoa interesada:

a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións, asinada por unha persoa profesional competente, xustificativa das accións, que deberá conter, como mínimo, a descrición de traballos ou actividades con xustificación na zona especial de conservación (ZEC) e parque natural en que se vai a traballar a superficie de actuación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, planos de situación e detalle, orzamento detallado e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución. No caso de prever usar medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais; cubriranse, como mínimo, os datos indicados no anexo III.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 € presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado polo/a técnico/a competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto.

c) Tres ofertas de tres empresas diferentes en que se orce a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables. Débese respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas xunto coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

2º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

3º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra, que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables dos cales, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que os fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dunha persoa taxadora, dun perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados nesta epígrafe.

d) Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude.

e) Se unha construción está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, solicitaráselle á dita dirección xeral informe da dispoñibilidade de realizar as obras solicitadas.

2. Deberase presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza da persoa solicitante:

a) No caso de que a persoa solicitante non sexa a titular da propiedade, certificación da persoa titular para a súa dispoñibilidade.

b) No caso de persoas arrendatarias, documento que acredite esa condición.

c) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, e deberá figurar a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.

d) No caso de asociacións ambientalistas e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e documento que acredite a condición da entidade como xestora das terras para as cales se solicita a axuda (acordo de custodia, contrato alugamento...).

e) No caso de empresas ou autónomos:

1º. Certificado do concello conforme realiza a súa actividade no parque natural correspondente, no caso de non estar de alta no IAE.

2º. Acreditación de posuír a sede social nalgún municipio do parque natural correspondente.

3º. Acreditación de ser propietarios/as ou arrendatarios/as das terras para as cales se solicita a axuda.

f) No caso de concellos, certificación expedida pola secretaría municipal relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal se dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e a dispoñibilidade dos terreos.

g) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todos/as eles/elas e a representación do/da solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal.

e) Certificación de titularidade.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

h) Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias achegadas pola persoa solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as seguintes circunstancias que acredita o documento correspondente:

a) No caso das comunidades de montes, comprobación, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, da posesión dos estatutos en regra; deberá figurar a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta dos seguintes datos:

a) NIF da persoa xurídica ou entidade solicitante.

b) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

c) Estar de alta no IAE.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Información básica sobre protección de datos persoais

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 13. Órganos de xestión e resolución

1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. En relación coa solicitude da axuda, o órgano instrutor comprobará que a operación cumpre as obrigas establecidas pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e o programa de desenvolvemento rural, entre eles as relativas ás axudas estatais e demais normas e requisitos obrigatorios.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido/a da súa solicitude, despois de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

3. Os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda remitiranlle á Dirección Xeral de Patrimonio Natural os expedientes, xunto cun informe-proposta de aprobación, nun prazo máximo de 30 días naturais, contados a partir da data límite de presentación de solicitudes. O servizo provincial acompañará o devandito informe-proposta dunha táboa coa baremación proposta das solicitudes, segundo os criterios reflectidos no artigo 6 desta orde, e doutro informe complementario relativo a cada unha das solicitudes, asinado por un/unha técnico/a competente desta consellería conforme a acción ou actividade é respectuosa coas finalidades e obxectivos da Rede Natura 2000 e que non pon en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, ademais de constituír un uso permitido ou autorizable conforme o Decreto 37/2014, do 27 de marzo.

4. Os expedientes serán avaliados definitivamente por unha comisión creada para tal fin. A composición da Comisión de Avaliación procurará unha composición equilibrada de mulleres e homes. Esta comisión será presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Espazos Naturais, e serán membros da dita comisión as persoas titulares da xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e da xefatura do Servizo de Parques Naturais nos servizos centrais. Esta última actuará como secretaria. Auxiliará á Comisión de Avaliación unha persoa de perfil técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Natural designada para o efecto polo seu titular.

Se algunha das persoas membro da comisión non puider participar nunha sesión por calquera causa, será substituída por unha persoa funcionaria da dirección xeral designada por seu titular.

5. A Comisión de Avaliación dará traslado das súas propostas de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento de acordo co disposto na disposición derradeira primeira desta orde.

6. A proposta de resolución, conforme os criterios contidos no artigo 6 e as dispoñibilidades orzamentarias, fará mención ás persoas solicitantes para as cales se propón a concesión da subvención e a contía desta de modo individualizado, e especificarase a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 14. Resolución

1. O prazo para resolver será de cinco meses desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Transcorrido o prazo para resolver sen que a persoa interesada reciba comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 22 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención, e as persoas beneficiarias serán informadas de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, na submedida 4.4 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 na prioridade 4A. Serán informadas, igualmente, das súas responsabilidades de publicidade segundo o establecido no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014. En todo caso, o prazo para a execución será improrrogable.

4. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta orde e na lexislación vixente en materia de subvencións. Constará, ademais da persoa solicitante ou relación de solicitantes aos/ás cales se lles concede a axuda, de maneira expresa, e de ser o caso, a desestimación do resto das solicitudes.

Artigo 15. Recursos

1. A resolución ditada porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativo, conforme dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso. Transcorrido o devandito prazo, unicamente poderá interporse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se producise o acto presunto.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun mes. Contra a resolución dun recurso de reposición non poderá interporse de novo o dito recurso.

4. Poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución é expresa.

5. A resolución dos expedientes desta convocatoria está condicionada á modificación do PDR 2014_2020 de conformidade co artigo 22, número 4, do Regulamento (UE) 1303/2013 e o artigo 11, letra b), do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento e do Consello.

Artigo 16. Publicidade

1. A relación das subvencións concedidas publicarase no Diario Oficial de Galicia coa indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. A consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen imporse nos correspondentes servizos públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

4. A persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento.

5. Así mesmo, conforme o anexo III do Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e as prescricións técnicas establecidas na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, a persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader.

Deste xeito, sempre e cando a execución da actividade o permita, deberá pór un panel de tamaño A4 (210 × 297 mm), en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo VII), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o logotipo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o logotipo e lema do Feader, así como unha referencia á medida do PDR de Galicia pola que se financia o investimento. Antes da súa instalación, deberá solicitarse a aprobación do Servizo de Patrimonio Natural correspondente. A persoa beneficiaria deberá proporcionar información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión Europea, e que deberá permanecer durante todo o período de mantemento do investimento.

7. Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír nel unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 17. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlles á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 18. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou se deixen de practicar por medios electrónicos.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario de inicio. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 19. Aceptación e renuncia

1. Se renuncia á subvención concedida, a persoa beneficiaria, no prazo de dez días naturais contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificarllo á Dirección Xeral de Patrimonio Natural (anexo IV). Se así non o fixer no indicado prazo, entenderase que a acepta.

2. No caso de renuncias por parte de persoas beneficiarias, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que cumpran cos requisitos para beneficiarse das axudas e a solicitude obtivese puntuación suficiente en aplicación dos criterios de valoración.

Artigo 20. Modificación da resolución

Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

Durante a execución das actuacións non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se concedeu a axuda que supoña o incremento do seu importe nin a inclusión de novos elementos ou gastos. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da resolución, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 10 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

Artigo 21. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades non financiadas con fondos comunitarios, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos subvencionables, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Os gastos financiados ao 100 % mediante a presente liña de axudas non poderán financiarse con outras fontes. Igualmente, deberá terse en conta o disposto no número 11 do artigo 65 do Regulamento (UE) 1303/2013.

En todo caso, serán incompatibles coa concesión de axudas reguladas pola orde reguladora das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 22. Xustificación e pagamento

a) Anualidade 2022:

1º. Poderase solicitar o aboamento dun único pagamento anticipado (anexo VIII) de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada nos casos en que o gasto aínda non estea realizado. Este pagamento quedará suxeito ás seguintes condicións:

i. O anticipo non poderá superar o 50 % da axuda concedida nin a anualidade prevista no exercicio orzamentario 2022.

ii. A persoa beneficiaria deberá solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural nun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, e xuntarase coa súa solicitude unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes (anexo II).

iii. No caso dos concellos, xunto coa solicitude de anticipo (anexo VIII) deberán presentar a garantía escrita da presidencia da alcaldía do 110 % do importe anticipado e, se finalizado o prazo de xustificación final da actuación esta non se tivese realizado, non se tería dereito ao importe percibido.

iv. O resto de persoas beneficiarias para a concesión do anticipo deberán presentar o xustificante orixinal do depósito da garantía na Caixa Xeral de Depósitos ou a copia da garantía ou aval bancario. A constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía nos termos previstos no artigo 63 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro, deberá estar á disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e cubrir o 110 % da cantidade que se vai aboar.

En virtude do establecido na Orde do 23 de marzo de 2008 pola que se regulan os procedementos para a presentación de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e para a súa devolución (DOG núm. 115, do 16 de xuño), as persoas ou entidades que precisen constituír unha garantía en documento de aval na Caixa Xeral de Depósitos poderán empregar o procedemento telemático que se regula na citada orde.

b) Anualidade 2023: unha vez xustificada a realización da actividade correspondente ao ano 2023, solicitarase o segundo pagamento da anualidade correspondente.

2. Unha vez efectuado o investimento, a persoa beneficiaria deberá comunicarllo no anexo V ao Servizo de Patrimonio Natural da correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

3. Os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda deberán certificar, despois da inspección in situ, que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada.

4. No caso de execucións parciais da actividade, e coa condición de que non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Do mesmo xeito, se o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe. Nestes casos a porcentaxe mínima de execución do proxecto non poderá ser inferior ao 70 % dos custos da actuación subvencionada.

En caso de discrepancias entre o importe da axuda cuxo pagamento se solicita e o importe da axuda correspondente aos investimentos das cales os servizos provinciais de Patrimonio Natural certifican a súa correcta realización, aplicarase o Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Establecerase:

a) O importe que se lle aboará á persoa beneficiaria en función exclusivamente da solicitude de pagamento presentada.

b) O importe que se lle aboará á persoa beneficiaria tras o estudo da admisibilidade da solicitude de pagamento, documentación xustificativa presentada e realidade física dos investimentos correspondentes.

Se o importe establecido segundo a letra a) supera o importe establecido segundo a letra b) en máis dun 10 %, o importe para pagar resultará de aplicar unha redución ao importe establecido segundo a letra b) igual á diferenza entre os dous importes citados.

5. Xunto coa notificación do final dos traballos e solicitude de pagamento (anexo V), a persoa beneficiaria deberá presentar, para os efectos de xustificación da actividade ou acción subvencionada, as facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa comunitaria aplicable. As facturas marcaranse cun selo en que se indique a orde reguladora da subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificado se imputa total ou parcialmente á subvención. Neste último caso indicarase a contía exacta que resulte afectada pola subvención, así como que é cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Ademais, xuntarase algún dos seguintes documentos xustificativos do pagamento:

a) Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en efectivo por portelo, certificación bancaria, etc.) en que conste, de maneira expresa, o número da factura obxecto de pagamento, identificación da persoa beneficiaria que paga e da persoa destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura, e con data anterior á de xustificación dos traballos, e a cantidade ou cantidades que figuren nas devanditas facturas.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil e a documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que este efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que a persoa beneficiaria realice os traballos con medios propios, deberá presentar coa solicitude a documentación do proxecto desagregado, diferenciando o custo da man de obra que vai achegar xunto cos previsibles custos materiais da forma seguinte:

1º. Orzamento completo do proxecto de obra, que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras coas cales vai executar a obra.

Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos de amortización destes.

2º. Informe elaborado polo persoal técnico redactor do proxecto en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipo...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:

i. Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento do proxecto denominado «Xustificación de prezos», no cal se totaliza o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e unidades de material empregadas.

ii. Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, o persoal técnico redactor terá que especificar en cada unha das unidades o número de horas da achega e unidades de material empregadas.

3º. No caso de que se trate dunha entidade local, deberase achegar ademais un certificado da secretaría do concello en que quede acreditado que ese persoal dedicou o número de horas que corresponda á execución do proxecto.

4º. Man de obra propia remunerada: deben achegarse as nóminas correspondentes ao tempo dedicado pola persoa traballadora á execución do traballo, certificando especificamente o emprego da porcentaxe de tempo que esta dedica ao proxecto, así como a documentación acreditativa do pagamento das nóminas, cargas sociais e retención de IRPF.

Custos materiais: no caso de compra de materiais, deben achegarse as facturas acreditativas dese gasto e os xustificantes de pagamento.

Se se utilizan medios materiais propios (maquinaria, materiais, etc.), a persoa beneficiaria debe imputar ao proxecto os custos de amortización deses equipamentos ou materiais, custos que deben calcularse de conformidade coas normas de contabilidade, e deberase achegar a documentación acreditativa do sistema de cálculo utilizado.

d) No caso de que a actividade subvencionada se realice mediante contribucións en especie en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos que non se efectuará ningún pagamento en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, poderán ser subvencionables nas condicións descritas no artigo 69 do Regulamento (UE) 1303/2013.

6. No momento da presentación da solicitude de pagamento final (anexo V), a persoa beneficiaria deberá presentar, no caso de non as presentar con anterioridade, as diferentes licenzas e/ou autorizacións para realizar as actuacións subvencionadas exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación.

7. A notificación do remate das accións (total ou parcial) e a solicitude de pagamento das axudas deberán xustificarse con data límite do 1 de setembro de 2022 para a anualidade do ano 2022 e do 31 de marzo de 2023 para a anualidade do ano 2023. Estes prazos serán en todo caso improrrogables. Para estes efectos, considérase gasto realizado o que foi efectivamente aboado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

8. Non será subvencionable ningún gasto previo efectuado con anterioridade á data da inspección de campo a que se refire o artigo 24.1 desta orde.

9. No caso das persoas beneficiarias que solicitasen o anticipo da anualidade 2022, todas as actuacións deberán estar executadas e pagadas con data límite no prazo recollido no artigo 22.7 para a anualidade 2022, ben que se deberá presentar a xustificación do importe anticipado na data establecida para a anualidade 2023.

Artigo 23. Financiamento e distribución do crédito

1. Esta orde financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.03.541B.760.0, 08.03.541B.770.0, 08.03.541B.780.0 e 08.03.541B.781.0 do código de proxecto 2016 00063 dos orzamentos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, por un importe de 1.398.260 euros, coa seguinte distribución por anualidades: 699.130 euros para o ano 2022 e 699.130 euros para o ano 2023.

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Total

08.03.541B.760.0

270.000 €

270.000 €

540.000 €

08.03.541B.770.0

60.000 €

60.000 €

120.000 €

08.03.541B.780.0

123.000 €

123.000 €

246.000 €

08.03.541B.781.0

246.130 €

246.130 €

492.260 €

Totais

699.130 €

699.130 €

1.398.260 €

Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, unha achega do Ministerio de Agricultura e Pesca e Alimentación do 7,50 % e unha achega da Xunta de Galicia do 17,50 %.

2. Esta dotación inicial poderase modificar e/ou incrementar con achegas adicionais sen nova convocatoria previa tras a oportuna tramitación orzamentaria en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Información e control

1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizaron as actividades para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que foron obxecto das axudas. En particular, con anterioridade á concesión das axudas, todas as actuacións serán inspeccionadas polos servizos de Patrimonio Natural, que levantarán acta de non inicio para que conste a evidencia de que as actuacións non foron iniciadas antes desta inspección.

2. A persoa beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde o réxime de controis, reducións e exclusión incluído no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente polo menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, de ser o caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. As persoas beneficiarias das axudas previstas nesta orde teñen o deber de facilitar toda a información que lles sexa requirida, xa sexa a documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poidan exixir durante a tramitación do procedemento, como a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

6. Para os efectos de comprobación e control, as persoas beneficiarias deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, polo menos durante cinco anos desde o último pagamento.

7. As persoas beneficiarias teñen o deber de levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

8. Igualmente, as persoas beneficiarias de axudas teñen a obriga de proporcionarlles á autoridade de xestión, ao persoal avaliador designado ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa. Para cumprir esta obrigación a persoa beneficiaria comprométese a autorizarlle ao órgano xestor destas axudas o acceso e consulta á información que se precise.

Artigo 25. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de mora, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento do deber de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 22 desta orde e na lexislación aplicable en materia de subvencións.

d) Incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión e publicidade contidas nos puntos 2 e 3 do artigo 16 desta orde.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro incluídas nesta orde e no resto da lexislación aplicable en materia de subvencións, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas adquiridos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 a 109 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Incumprimento de calquera das obrigas da persoa beneficiaria incluídas nesta orde e na normativa que resulta de aplicación.

2. Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de mora producidos en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, de acordo co artigo 7 do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, sen prexuízo das responsabilidades que procederen.

De descubrirse que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída do Feader de que se trate durante o exercicio do Feader seguinte.

3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderanlles ser adxudicadas a outras persoas beneficiarias de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

4. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas pola persoa beneficiaria excedan os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade cos xuros de mora correspondentes.

5. En todos os casos, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da dita lei.

Artigo 26. Infraccións e sancións

Ás persoas beneficiarias seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o procedemento legalmente previsto.

Do mesmo xeito, será de aplicación o Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Así mesmo, será de aplicación o establecido no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida e os traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citará as fontes das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual e respectará en todo caso as prescricións contidas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais.

Disposición adicional segunda

Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia nas anualidades de 2022 e 2023, no momento da resolución.

No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo, tantas veces como se considere oportuno, ata esgotar a consignación orzamentaria, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co fin de resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento

Facúltase á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Condicionado das accións

1. Limpeza, restauración de carreiros.

Para realizar estas actuacións débese ter en conta o seguinte:

– En reparación de firme, os traballos axustaranse á mellora da explanación existente, sen producir modificacións no trazado nin na largura das vías.

– Exclúese a achega de materiais aglomerados, asfálticos, formigón ou semellantes.

2. Rehabilitación de elementos históricos patrimoniais ou culturais, representativos nas explotaciones agrícolas, hórreos, milladoiros, cabanas, valados, fontes e calquera outra de análoga ou similar natureza, ou necesarios para contribuír ao mantemento da paisaxe rural tradicional.

– Realizarase a adecuación paisaxística dos elementos mediante a instalación de cubertas tradicionais, revestimentos de fachadas con materiais propios da zona e adecuación de portas, portóns, xanelas... paisaxisticamente asumibles.

3. Preservación de vexetación de ribeira e filtros verdes.

– Creación de ripisilvas de estrutura complexa, de máis de 10 metros de largura, con vistas a aumentar a calidade ecolóxica de beiras de ríos, regas e regachos, en tramos onde este tipo de ecosistema fose substituído.

– A repoboación farase con especies ripícolas propias da vexetación natural da contorna, respectándose a vexetación autóctona preexistente.

4. Mantemento de sebes.

– As sebes deben atoparse entre parcelas ou en bordos non cultivados.

– As especies para utilizar serán frondosas autóctonas da zona.

– Terán polo menos 1,5 metros de largo.

ANEXO VII

Cartel

missing image file

Nota: o logotipo da empresa executora pódese incluír.

Dimensións aproximadas do cartel:

– Altura 210 mm, largura 297 mm.

Publicidade en medios de comunicación ou soporte dixital.

1. No suposto de publicidade en medios de comunicación, o emblema da Xunta de Galicia non deberá incluír referencias á consellería e situarase á dereita do resto de logotipos:

missing image file

2. Para soportes dixitais (páxinas web, banner, etc.) utilizarase o seguinte logotipo para o Ministerio:

missing image file

missing image file
missing image file

ANEXO IX

Porcentaxe de superficie incluída na Rede Natura 2000 dos concellos pertencentes a un parque natural

Provincia

Concello

Superficie do concello (ha)

Superficie do concello en RNAT2000 (ha)

% sup. do concello en RNAT2000/sup. total do concello

A Coruña

Cabanas

3.007,61

665,54

22,13 %

A Coruña

Capela, A

5.766,79

1.618,91

28,07 %

A Coruña

Monfero

17.213,05

5.955,63

34,60 %

A Coruña

Pontedeume

2.933,74

180,47

6,15 %

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

24.968,57

2.295,83

9,19 %

A Coruña

Ribeira

6.792,57

1.292,66

19,03 %

Provincia

Concello

Superficie do concello (ha)

Superficie do concello en RNAT2000 (ha)

% sup. do concello en RNAT2000/sup. total do concello

Ourense

Bande

9.890,46

1.137,89

11,50 %

Ourense

Calvos de Randín

9.781,70

3.182,25

32,53 %

Ourense

Entrimo

8.446,77

5.442,61

64,43 %

Ourense

Lobeira

6.884,09

3.380,79

49,11 %

Ourense

Lobios

16.827,85

10.958,90

65,12 %

Ourense

Muíños

10.949,60

4.316,43

39,42 %

Ourense

Rubiá

10.052,27

1.787,26

17,78 %

Ourense

Vilariño de Conso

20.017,05

15.740,20

78,63 %

Provincia

Concello

Superficie do concello (ha)

Superficie do concello en RNAT2000 (ha)

% sup. do concello en RNAT2000/sup. total do concello

Pontevedra

Tui

6.826,68

1.418,63

20,78 %