No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por practicadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Vigo, 13 de decembro 2021
María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO I
Procedemento BS650A |
||
Núm. DNI/NIE |
Núm. expte. |
Resolución e data |
36127652B |
3600852-I/09 |
Suspensión 20.10.2021 |
77010698M |
3600166-I/14 |
Rehabilitación 21.7.2021 |
35577712R |
3600637-I/18 |
Denegación 18.10.2021 |
36063149T |
3600136-I/19 |
Denegación 18.10.2021 |
53862136T |
3600738-I/19 |
Denegación 18.10.2021 |
Y3117415D |
3600420-I/21 |
Denegación 18.10.2021 |
ANEXO II
Procedemento BS650G |
||
Núm. DNI/NIE |
Núm. expte. |
Resolución e data |
35387950N |
3600286-X/06 |
Extinción 13.10.2021 |
35981624X |
3600722-X/13 |
Extinción 14.10.2021 |
35969207J |
3600065-X/14 |
Suspensión 19.10.2021 |