Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1181

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2021.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de decembro de 2021, adoptou, entre outros, o Acordo 10/759 aprobación da oferta de emprego público do Concello de Lugo para o ano 2021, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Primeiro. Aprobación da oferta de emprego público para o ano 2021, co número de prazas de persoal funcionario que se relacionan:

Prazas por promoción interna.

– 4 prazas de oficial da policía local, da escala de Administracion especial, servizos especiais, policía local, grupo C1, 3 mediante concurso-oposición e 1 praza proverase mediante concurso de mobilidade.

– 2 prazas de auxiliar administrativos/as, da escala de Administracion xeral, subescala administrativa C2.

– 1 praza de oficial sepultureiro/a, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.

– 1 praza de oficial cociñeiro/a, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.

Prazas por oposición libre.

– 2 prazas de policía local, da Administración especial, escala básica, categoría policía, subgrupo C1, por oposición libre.

– 2 prazas de bombeiro condutor/a, da Administración especial, extinción de incendios, subgrupo C2.

– 1 praza de arquitecto/a, da escala de Administración especial, subescala técnica A1.

– 5 prazas de auxiliares administrativos/as, da escala de Administración xeral, subescala auxiliar C2, 1 praza reservada a quenda de persoas con discapacidade e 1 reservada a persoas con discapacidade intelectual.

– 1 praza de técnico/a educación infantil, da escala de Administración especial, subescala técnica B.

– 1 praza de ofical pintor/a en vías e obras, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.

– 1 prazas de operario/a en vías e obras, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, AP.

– 2 prazas de delineante/a, da escala de Administración especial, subescala técnica C1.

– 1 praza de técnico/a, da escala de Administración xeral, subescala técnica A1.

– 1 praza de oficial lector/a contador, da escala de Administración especial, servizos especiais, persoal de oficios, C2.

– 1 praza de enxeñeiro/a de camiños, da escala de Administración especial, subescala técnica A1.

Segundo. O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia de Lugo».

Lugo, 10 de decembro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452 da Xunta de Goberno Local adoptado
en sesión ordinaria do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza:
Economía e Recursos Humanos